Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
RESUMO ACTIVIDADES DÍA DE ROSALIA |
Nesta presentación podedes ver os debuxos do noso alumnado, debuxaron a Rosalia de meiga, de fada, de pirata, enriba das árbores,... Concurso "Ilustra o pensamento de Rosalía": estes son os debuxos que fixeron para o pensamento "Oh! Terra, antes e agora, sempre fecunda e fermosa". Co debuxo seleccionado fixemos un cartel para decorar as tres escolas.
|
DÍA DA PAZ 2015 |
Algunhas das actividades realizadas este ano no Día da PAZ. |
EL LÁPIZ MÁGICO DE MALALA |
Durante os meses de marzo e abril os alumn@s de Educación Primaria de San Cristovo traballaron o conto de El lápiz mágico de Malala. O conto relata parte da vida de Malala Yousafzai e de como foi a súa infancia crecendo nun lugar destrozado pola guerra. Malala recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014, pero segue loitando polos dereitos dos nenos e nenas. A historia cóntanos que Malala cando era nena desexaba ter un lapis máxico para con el debuxar cousas que logo se fixeran reais. Decidiu converter aquel lapis máxico co que soñaba de nena nun lapis de verdade. Con el escribiría sobre os desafíos que ía atopando: homes armados que pecharon as escolas privadas e prohibiron ás nenas asistir a clase. Con este libro aprendemos que hai outros lugares no mundo, diferentes ó noso. Nalgúns deses lugares os nenos e as nenas non son iguais, e ir á escola é un privilexio. Deste xeito intentamos inculcar que un mundo mellor é posible evitando as diferenzas e fomentando a igualdade de oportunidades. |
SACAPENAS |
Na semana do 26 ao29 de novembro, Raquel contoulles o conto do Sacapenas aos alumnos de infantil. |
PROXECTO DOCUMENTAL: A RECICLAXE |
O proxecto documental deste ano xirou arredor da RECICLAXE. Estes son algúns dos libros que mercamos para traballar o proxecto Empezamos o noso proxecto cunha xornada educativa e didáctica promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. A campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos Domésticos "Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor". Os nosos alumnos aprenderon á regla dos 3R: reducir, reutilizar e reciclar.
Despois, o día que celebramos o Magosto, fixemos un taller creativo de reciclaxe. Durante todo o curso fixéronse varias manualidades con materiais de refugallo |
CASA DAS ÁRBORES |
O martes 28 de maio fomos de excursión a CASA DAS ÁRBORES, na aldea de Garabelos, en Mariz (Chantada), onde nos esperaba ANXO MOURE. @s nen@s puideron escoitar contos dentro dunha casa enriba dun castiñeiro e un carballo e ollar niños de paxaros escoitando os seus cantos. Anxo Moure contounos que Contos na Casa das Árbores naceu do desexo de toda nena ou neno de ter unha casa nunha árbore. Construíu enriba dun vello castiñeiro e un carballo unha casiña de madeira, ademáis dunha biblioteca con libros e contos sobre as árbores, con incríbles personaxes que contan as súas historias vinculadas ao mundo da natureza. Tamén coñecemos 30 especies diferentes de árbores autóctonas plantadas ao carón da casa árbore, cada unha delas coa súa historia. Fixemos diferentes actividades: merendar no prado, teatro na mochila, cine palleiriso, o bosque das lobiñas, concerto, columpios, contos na árbore, poesía no hórreo,...
|
ENTROIDO 2015 |
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante a semana de entroido no noso cole. Algunhas das fichas foron elaboradas polo CRA de BERGONDO. Moitas grazas por compartir o voso material. |
LETRAS GALEGAS 2015 |
Pincha na foto para ver as actividades realizadas durante a semana das Letras Galegas
Tamén fixemos a convivencia co CEIP de Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas. Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos. A continuación podedes ver algúns videos das diferentes actividades realizadas: "Canción benvida"
"Cantares Gallegos"
|
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL |
Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo:
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"
|
2 DE ABRIL 2016: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL |
Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e as primeiras actividades específicas para este mes arredor do libro e a lectura aparecen arredor do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día. Nesta ocasión, a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas. |
DÍA DA PAZ 2016 |
Actividades a realizar para o Día da Paz:
Estes son algúns dos debuxos que fixeron os nen@s despois de traballar o conto. |
MOCHILAS VIAXEIRAS |
Outro curso máis, e xa van oito, as mochilas viaxeiras percorren as casas dos nosos alumn@s. Van cargadas de libros e peliculas para toda a familia. Este curso puxemos en marcha 4 mochilas (3 para os nen@s de Educación Infantil e unha para os de Educación Primaria) no segundo trimestre do curso. A continuación podedes ver os debuxos e as opinións das familias. |
CONTOS QUE DEIXAN PEGADA |
O 30 de abril ás 18:00 h no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia haberá unha sesión de contos a cargo de PAVÍS PAVÓS, orientada a transmitir valores, que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades,... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite. Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Ler conta moito. |
PROXECTO PESCA |
Este curso o noso Proxecto Documental Integrado xirou en torno A PESCA. No seguinte video podedes ver un resumo dunha saída que fixemos para coñecer a pesca nos ríos do noso entorno. Esperamos que vos guste.
Tamén fixemos un libro de receitas relacionadas co peixe
|
ANIMACIÓN Á LECTURA |
Na escola de San Cristovo estiveron traballando varios contos: - "O monstro de cores" non sabe o que lle pasa, fíxose un lío coas emocións e agora tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida de Anna Llenas que introduce a pequenos e maiores na fascinante linguaxe das emocións.
- "Colores" de Herve Tullet. Un descubrimento de libro interactivo que invita aos nen@s a experimentar coas cores, oscurecéndoas, aclarándoas, mezclándoas, descubríndoas... Foi coma recibir unha clase de pintura co mellor profesor, o que desafía ao alumno, acompáñao e o aplaude. Desfrutaron moito.
- "El gran, gran dinosaurio" de Richard Byrne. Conta como un gran dinosaurio, moi fanfarrón, aprende a compartir e fai moi, moi bos novos amigos.
- "Vaya rabieta" de Mireille dÁllancé. Un conto para traballar os enfados.
|
DÍA DAS LETRAS GALEGAS |
O xoves 16 de maio desprazámonos ata o CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle para celebrar con eles o Día das Letras Galegas. Comezamos cunha benvida por parte do alumnado maior do cole que, ademais, presentounos ao autor homenaxeado, Antón Fraguas, a través do Kamishibai. Despois decoraron unha pegatina do autor. Logo merendaron e tivemos un espectáculo de maxia e contacontos con LEO LEÍÑO. Para rematar tivemos tempo libre e xantamos xuntos no comedor do cole de Cenlle. Desde aquí darlle as grazas a Laura e a todo o profesorado de CEIP de Cenlle e a súa cociñeira. |
24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Este ano, para celebrar o Día de Rosalía, decidimos traballar o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Pincha nas imaxes para acceder aos recursos (en letra minúscula e maiúscula).
Dado que este ano está adicado as artes e que na provincia de Ourense hai unha exposición de Pop Art no Marcos Valcárcel, fixemos unhas pegatinas e uns carteis coa técnica do Pop Art, ademais de traballar a imaxe de Rosalía con esa técnica. Pincha na imaxe para ver os carteis e o recitado do poema, feito polos nosos alumn@s. |
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALíA |
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2018, o EDLG e o Equipo da Biblioteca; sumámonos ás actividades propostas pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega) co lema #AbrideAFiestra, que permitiu @s alumn@s e familias facerse cómplice da Rosalía da que se sinten máis proxim@s.
Do A ao Z con...Rosalía , unha obra de Ana María Fernández da que escollemos cinco poemas, que confluíndo co léxico da escritora (Galicia, Namorados, Barca, Estrela e Muíño) achéganos ao mundo poético da cantora do Sar. Aquí vos deixamos o resultado do recitado dos poemas que fixeron @s nos@s alumn@s. |
DIA DA PAZ 2017 |
Estas son algunhas das actividades que imos realizar o Día da PAZ:
|
14-18 DE MARZO: 2ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA |
En colaboración coa Diputación de Ourense, nesta semana traballamos co libro "Dona Pinga e Don Carballo fan amizade".
|
PROXECTO DOCUMENTAL: O SOLO |
O proxecto documental deste ano xirou arredor do SOLO. Estes son algúns dos traballos que realizamos A partir do libro Había una vez una semilla Co libro Historia de un árbol elaboramos o noso propio conto
Co libro En el suelo fixemos estas cousiñas
A partir do libro dos Bolechas Que é o solo, aprendemos moitas cousas
Tamén fixemos os nosos debuxos
E elaboramos o Abecedario da natureza
|
COCORICO | |
A CIGARRA E A FORMIGA |
Os nen@s da Escola de San Paio fixeron unha adaptación da fábula "A cigarra e a formiga". Mirade que bonito lles quedou. |
PROXECTO "OS ASTRONAUTAS" | |
PREMIOS DA INICIATIVA PRIMAVERA DAS LETRAS DA RAG |
O martes fomos recoller o premio "Contádenos o voso día das Letras" no que o noso centro, con outros catro máis de toda Galicia, saiu premiado por sorteo nun total de 80 traballos presentados. Este ano o escritor a quen se lle adicaban as letras galegas foi Carlos Casares. O seu fillo, que estaba no acto deulle as grazas aos 90 nenos e nenas alí presentes, polo bo facer de tódolos traballos presentados e animou aos nenos e nenas a que non deixaran de ler e que coma o seu pai poderían chegar a ser futuros escritores. Agradecer a Victor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e a académica Fina Casalderrey polo ameno que fixeron o acto e o cariño co que trataron aos nosos alumnos e alumnas. Foi un acto moi emotivo. Grazas polos agasallos. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »