Circulares informativas
CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS.
Estimadas familias:
Lamentamos ter que informarvos de que ao longo desta semana se confirmaron seis casos positivos de Covid 19 entre o alumnado e o persoal do noso centro. Desexámoslles que se encontren ben e se recuperen o antes posible.
Tomando como referencia o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, e seguindo en todo momento as indicacións das Autoridades sanitarias, dúas aulas foron postas en corentena. Tamén houbo profesorado e alumnado que realizaron ou realizarán unha proba PCR de carácter preventivo. En cada caso se informou ás familias e ao profesorado afectado, respectando en todo momento a protección de datos das persoas involucradas. Tamén saberedes, se é o caso dos vosos fillos/as, que a Aula virtual do centro e a plataforma E-Dixgal xa están en funcionamento.
Seguindo ese mesmo Protocolo, estamos en permanente contacto co Servizo de Alertas epidemiolóxicas de Galicia e coas autoridades educativas, que constitúen guías constantes e apoios fundamentais para o noso traballo nestes días difíciles.
Dende o Equipo directivo estamos centrando todos os esforzos en garantir a seguridade de todo o alumnado e o persoal que traballa no centro, insistindo no cumprimento das medidas de prevención e hixiene básicas incluídas no Protocolo. Por ese motivo desexamos transmitirvos unha mensaxe de calma e tranquilidade.
Non queremos rematar sen agradecer o gran traballo levado a cabo polo profesorado e o persoal de administración e servizos (conserxería, administración, comedor e limpeza), especialmente nesta última semana. E, como non, agradecemos tamén o esforzo do alumnado no cumprimento das medidas de prevención adoptadas no centro que en cada momento lles esiximos, polo seu propio ben e polo ben de todos.
Por último, queremos lembrarvos ás familias a importancia de ter instalada a aplicación AbalarMóbil nos vosos teléfonos móbiles, pois será empregada como principal vía de comunicación dende o centro con vós.
Ánimo e un saúdo cordial.
Equipo directivo.
Circular informativa familias alumnado secundaria_ Inicio de curso 2020/21
Pódese consultar na seguinte ligazón.
Aprázase o inicio escolar do alumnado de secundaria aos días 23, 24 e 25 setembro.
Estimadas familias:
Segundo vén de saír publicado no portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, aprázase o inicio do curso escolar para o alumnado da ESO do seguinte xeito:
- mércores 23 setembro: 1º e 2º ESO.
- xoves 24 setembro: 3º ESO.
- venres 25 setembro: 4º ESO.
Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889
Un saúdo,
Silvia Padrón
directora.
Circular informativa familias alumnado infantil e primaria - Curso 2020/21
Podedes consultar a Circular informativa neste enlace.
Podedes consultar a Enquisa de autoavaliación clínica da COVID19 neste enlace.
Nota acalaratoria: A enquisa deberá realizarse diariamente, pero non será necesario cubrila nin entregala no centro educativo.
Durante esta semana, o alumnado de infantil e primaria levarán a casa unha Declaración responsable. Unha vez asinada a Declaración por parte do pai/nai/titor legal, o alumno/a entregaralla ao titor o luns 14 de setembro. Declaración responsable.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Inicio do curso escolar 2020/21.
Estimadas familias:
Informámosvos de que, segundo vén de anunciar a Consellería de Educación, U. e F.P. na súa páxina web, o curso escolar 2020/21 comezará o vindeiro xoves 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado, do seguinte xeito:
Xoves 10 setembro: 4º e 5º infantil e 1º, 2º, e 3º primaria.
Venres 11 setembro: 6º infantil e 4º, 5º e 6º primaria.
Mércores 16 setembro: 1º e 2º ESO.
Xoves 17 setembro: 3º ESO.
Venres 18 setembro: 4º ESO.
Podedes consultar toda a información na páxina web da Consellería de Educación, U. e F.P.
http://www.edu.xunta.es/portal/node/31756
Un saúdo,
Silvia Padrón
directora.
Circular de final de curso 2019/2020 na ESO
Pódese consultar nesta ligazón.
CIRCULAR FAMILIAS: RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO NO CENTRO.
- Nos vindeiros días os titores/as entregarán a cada alumno/a todo o material que teña no centro. Poderá acceder un proxenitor, o alumno, ou este acompañado polo proxenitor.
- Rogamos a todas as persoas que accedan ao recinto escolar que en todo momento respecten as medidas de prevención e hixiene, mantendo a distancia mínima interpersoal de 2 metros de distancia. É obrigatorio o uso de mascarilla.
- A entrega de material realizarase na propia aula do alumno. Só entrará un proxenitor/alumno de cada vez, o seguinte deberá esperar na porta da aula. A saída do edificio realizarase polos patios cubertos.
- Cada alumno deberá vir provisto dunha bolsa/mochila para recoller o seu material.
- Antes e despois do proceso de entrega de material, o proxenitor deberá desinfectar as mans co xel hidroalcohólico que lle facilitará o titor/a.
- No caso de irmáns, o proxenitor poderá acudir nos diversos días nos que está citado; tamén ten a opción de vir o último día no que está citado un dos seus fillos. Nese caso, o proxenitor deberá pedir o material do outro fillo/a na conserxería.
- Os alumnos/as que teñan no seu domicilio algún libro ou mochila viaxeira da biblioteca deberán entregalo o mesmo día na biblioteca do centro.
- Rogamos a todas as persoas que accedan ao recinto escolar que abandonen o mesmo unha vez rematado o trámite, co obxectivo de evitar aglomeracións.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo,
Silvia Padrón
Directora.
Semana do 1 ao 5 de xuño.
Recollida do material por parte do alumnado de ed. Infantil, 1º e 2º de EP, de tal xeito.
Horas. |
Luns 1 |
Martes 2 |
Mércores 3 |
Xoves 4 |
Venres 5 |
9:30 a 11:30 h |
|
1º A EP |
1º A EP |
2º A EP |
2º A EP |
11:30 a 13:30 h |
|
1º B EP |
1º B EP |
2º B EP |
2º B EP |
Recollida do material por parte do alumnado de 3º e 4º de ESO, de tal xeito.
Horas. |
Luns 1 |
Martes 2 |
Mércores 3 |
Xoves 4 |
Venres 5 |
10:00 a 13:00 h |
|
|
4º ESO A |
3º ESO A |
3º ESO B |
Semana do 8 ao 12 de xuño.
Recollida de material e devolución de libros por parte do alumnado de 3º e 4º de EP.
Horas. |
Luns 8 |
Martes 9 |
Mércores 10 |
Xoves 11 |
Venres 12 |
9:30 a 11:30 h |
3ºA EP 4ºA EP |
3ºA EP 4ºA EP |
3ºA EP 4ºA EP |
|
|
11:30 a 13:30 h |
3ºB EP 4ºB EP |
3ºB EP 4ºB EP |
3ºB EP 4ºB EP |
|
Recollida do material por parte do alumnado de 1º e 2º de ESO, de tal xeito.
Horas.
Luns 8 |
Martes 9 |
Mércores 10 |
Xoves 11 |
Venres 12 |
|
10:00 a 13:00 h |
2º ESO A |
2º ESO B |
1º ESO A |
1º ESO B |
|
Semana do 15 ao 19 de xuño.
Recollida do material por parte do alumnado de Infantil.
Horas. |
Luns 15 |
Martes 16 |
Mércores 17 |
Xoves 18 |
Venres 19 |
9:30 a 11:30 h |
|
4º EI
|
4º EI |
6º EI A
|
6º EI A
|
11:30 a 13:30 h |
|
5º EI
|
5º EI
|
6ºEI B
|
6ºEI B
|
Recollida de material e devolución de ordenadores E-Dixgal (á espera de instrucións) do alumnado de 5º e 6º de EP.
Horas. |
Luns 15 |
Martes 16 |
Mércores 17 |
Xoves 18 |
Venres 19 |
9:30 a 11:30 h |
|
|
5ºA 6ºA |
5ºA 6ºA |
5ºA 6ºA |
11:30 a 13:30 h |
|
|
5ºB 6ºB |
5ºB 6ºB |
5ºB 6ºB |
CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS.
Estimadas familias:
Como sabedes, nas vindeiras semanas continuaremos traballando a través da Aula virtual e de E-dixgal en Primaria e Secundaria, e do blogue https://escolanacasa.blogspot.com en Infantil.
Dende o centro queremos agradecervos o voso esforzo de adaptación a esta nova forma de ensino-aprendizaxe, nova para vós, pero tamén para moitos de nós. É importante que animedes aos vosos fillos/as en todo este proceso, pois o apoio e acompañamento da familia é fundamental. É importante que saiban que o traballo que poidan realizar sempre lles vai beneficiar, e o profesorado poderá valoralo positivamente.
Como sempre, estamos á vosa disposición para o que necesitedes:
- Cuestións xerais: cpi.santa.lucia@edu.xunta.es. Tel. 886159528. Lu-Ve: 09.30-13.30h.
- Comunicación co profesorado: Citas de titoría por AbalarMóbil.
- Consultas técnicas sobre a Aula virtual: incidenciascpisantalucia@gmail.es
- Consultas técnicas sobre E-Dixgal: Servicio Premium: soporte.premium@edu.xunta.es Tel. 881 86 99 00.
Un cordial saúdo,
Silvia Padrón
directora
CIRCULAR FAMILIAS: PECHE DA 2ª AVALIACIÓN.
Antes de nada, aproveitamos a ocasión para transmitirvos o noso desexo de que esteades ben, levando o mellor posible a corentena á que obrigou o estado de alarma decretado pola crise sanitaria do COVID-19.
Como sabedes, segundo recolle o calendario oficial do curso 2019/20, o vindeiro 3 de abril remata a segunda avaliación. Como tamén sabedes, debido á situación excepcional arriba mencionada, a actividade educativa presencial suspendeuse nos centros educativos o pasado 13 de marzo. Seguindo as directrices marcadas desde a Consellería de Educación, no caso do noso centro continuamos traballando a distancia tanto en primaria como en secundaria, ben a través da aula virtual do centro ou a través de E-Dixgal.
Na Conferencia Sectorial de Educación do pasado 25 de marzo, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade educativa presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central: (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634)
Acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.
Por outra banda, recibimos as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:
1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. (...)
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.
Tendo en conta o anterior, informámosvos de que:
-Todo o alumnado do centro será avaliado segundo o traballo que realizara ata o día 12 de marzo, último día de asistencia obrigatoria ao centro.
-As cualificacións do alumnado publicaranse na plataforma AbalarMóbil o vindeiro venres 3 de abril ao longo da mañá. Se algún pai/nai non ten instalada a aplicación, pode descargala no enderezo https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil nun teléfono móbil que teña asociado un número de teléfono que figure no expediente do seu fillo/a no colexio.
Dado que a suspensión da actividade educativa presencial fixo que non se levasen a cabo todas as actividades, probas, exames, traballos... previstos nas programacións didácticas, o profesorado poderá adaptar de xeito excepcional para o segundo trimestre os criterios de cualificación empregados para avaliar ao seu alumnado. Toda a información relacionada cos criterios empregados por cada profesor/a serán expostos na páxina web do centro.
O Equipo directivo.
Criterios de cualificación na ESO da 2ª Avaliación_Curso 2019/2020
AXUDAS ECONÓMICAS COMEDOR ESCOLAR. CORONAVIRUS: COVID-19
Dirixidas a familias que teñen fillos/as que empregan o servizo de comedor de xeito gratuíto ou pagando 1€ por día.
Presentación de solicitudes:
- Opción 1: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, buscando o procedemento ED601B.
- Opción 2: Para as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos: enviar ao correo electrónico do centro cpi.santa.lucia@edu.xunta.es a seguinte información:
1. Fotografía do DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
2. Nome e apelidos do titor; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
3. Fotografía do comprobante do número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
Prazo do 3 de marzo ao 6 de abril, ámbolos dous incluídos.
Moi importante: Ler o Documento explicativo.