CIRCULAR FAMILIAS: PECHE DA 2ª AVALIACIÓN.

 Antes de nada, aproveitamos a ocasión para transmitirvos o noso desexo de que esteades ben, levando o mellor posible a corentena á que obrigou o estado de alarma decretado pola crise sanitaria do COVID-19.

 Como sabedes, segundo recolle o calendario oficial do curso 2019/20, o vindeiro 3 de abril remata a segunda avaliación. Como tamén sabedes, debido á situación excepcional arriba mencionada, a actividade educativa presencial suspendeuse nos centros educativos o pasado 13 de marzo. Seguindo as directrices marcadas desde a Consellería de Educación, no caso do noso centro continuamos traballando a distancia tanto en primaria como en secundaria, ben a través da aula virtual do centro ou a través de E-Dixgal.

 Na Conferencia Sectorial de Educación do pasado 25 de marzo, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade educativa presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central: (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634)

 Acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.

 Por outra banda, recibimos as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

 1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. (...)

 2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

  Tendo en conta o anterior, informámosvos de que:

 -Todo o alumnado do centro será avaliado segundo o traballo que realizara ata o día 12 de marzo, último día de asistencia obrigatoria ao centro.

  -As cualificacións do alumnado publicaranse na plataforma AbalarMóbil o vindeiro venres 3 de abril ao longo da mañá. Se algún pai/nai non ten instalada a aplicación, pode descargala no enderezo https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil nun teléfono móbil que teña asociado un número de teléfono que figure no expediente do seu fillo/a no colexio.

  Dado que a suspensión da actividade educativa presencial fixo que non se levasen a cabo todas as actividades, probas, exames, traballos... previstos nas programacións didácticas, o profesorado poderá adaptar de xeito excepcional para o segundo trimestre os criterios de cualificación empregados para avaliar ao seu alumnado. Toda a información relacionada cos criterios empregados por cada profesor/a serán expostos na páxina web do centro.

   O Equipo directivo.

    Criterios de cualificación na ESO da 2ª Avaliación_Curso 2019/2020

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer