Circulares informativas

Procedemento de traballo durante o período que dure a suspensión da actividade lectiva presencial

Durante o período que dure a suspensión da actividade lectiva presencial, seguirase co traballo na aula virtual do centro (no caso de alumnado de 1º a 4º de EP e de 3º e 4º de ESO) e no EVA E-Dixgal (para o alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 2º de ESO).

a) Alumnado de 1º a 4º de EP e de 3º e 4º de ESO.

No seguinte videotitorial  explícase como acceder á aula virtual do CPI Santa Lucía e o procedemento de traballo co material alí aloxado.

Os datos de acceso para o alumnado ESO son os seguintes:

Nome de usuario: será o nome completo e o primeiro apelido en minúsculas e sen tildes e ñ (ex: para Luis Pérez sería luisperez)

Suspensión das actividades educativas presenciais

A partir do luns 16 de marzo e ata o 29 de marzo, o CPI Plurilingüe Santa Lucía permanecerá pechado para a atención ao público e suspenderase a actividade educativa presencial, seguindo o Artigo 9 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19. Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das aulas dixitais (Aula virtual e E-Dixgal) nas etapas de educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

Para calquera consulta estamos á súa disposición no correo electrónico do centro: cpi.santa.lucia@edu.xunta.es

 

Silvia Padrón

directora.

Aviso de suspensión das actividades lectivas e extraescolares no noso centro

Estimadas familias:

 

Segundo acaba de anunciar o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, dende o luns día 16 de marzo todos os centros educativos galegos permanecerán pechados en todos os niveis educativos. Quedan suspendidas todas as actividades lectivas e extraescolares dende o luns 16 de forma oficial e dende o venres 13 de marzo, de xeito recomendado.

Mañá venres 13 de marzo, poderedes decidir se enviar ou non aos vos fillos/as ao centro. É dicir, o venres 13 de marzo o noso centro permanecerá aberto. 

Manterémosvos informados/as de calquera novidade a través do Servizo AbalarMóbil e na web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cpisantalucia

Grazas pola vosa colaboración.

        A dirección.

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras no ano 2020

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Máis información neste enlace e na web http://www.edu.xunta.es/axudasle

Aviso familias alumnado 6º primaria usuario comedor escolar.

Estimadas familias:

Informámosvos de que no presente curso o número de alumnos/as de infantil e primaria usuarios/as de comedor escolar supera o número de prazas dispoñibles na primeira quenda. É por ese motivo que, segundo o Protocolo de comedor aprobado na reunión de Consello escolar celebrado o día 23 de setembro de 2019, a partir do 25 de setembro de 2019 o alumnado de 6º de primaria empregará o servizo de comedor na segunda quenda, de 15.15h a 16.00h.

Tal e como recolle o Protocolo de comedor arriba mencionado:

As familias que, por motivos de conciliación, necesiten que o seu fillo/a de 6º de primaria empregue o servizo de comedor na primeira quenda, deberá solicitalo por escrito ante a Dirección do centro, xustificando documentalmente algún dos seguintes motivos:

1.      Que o seu fillo/a presenta unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

2.      Que o seu fillo/a está matriculado nunha ensinanza regulada oficial fóra do horario escolar, e precisa saír do centro coa suficiente antelación (Ensinanzas de música e/ou danza, Escolas oficiais de idiomas...)

3.      Alumnado que reciba rehabilitación médica ou logopédica, e precisa saír do centro coa suficiente antelación.

Por ese motivo, a partir do 25 de setembro de 2019 o seu fillo/a empregará a segunda quenda de comedor, salvo que vostede como pai/nai ou titor/a solicite por escrito que empregue a primeira quenda por darse algunha das circunstancias arriba mencionadas.

 

Un saúdo.

A dirección.

Publicadas as listaxes de alumnado admitido nas Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

De acordo co establecido na Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG 20/2/2019).

Publicadas as listaxes de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación.

Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle.

XV Xornadas de nais e pais, Educar en igualdade. Organizadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Sobre a coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familias, para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/secretaria-xeral-da-igualdade-organiza-xv-xornadas-de-nais-e-pais-educar-en-igualdade.

 

 

 

AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA CURSO 2018/19.

Estimadas familias:


O CPI Plurilingüe Santa Lucía foi seleccionado para formar parte da mostra de centros participantes na Avaliación final de educación secundaria obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.
Esta avaliación aplicarase os vindeiros 28 e 29 de maio ao alumnado matriculado actualmente en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no noso centro.
Estas probas valorarán o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque de materias troncais cursadas en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, se ben teñen carácter estritamente informativo e orientador. É dicir, que os resultados obtidos non computan en ningún caso para as cualificacións do alumnado nin teñen efecto no expediente.

 

Máis información neste enlace.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA CURSO 2018/19.

Estimadas familias:
Os vindeiros 28 e 29 de maio celebrarase en todos os centros escolares de Galicia a Avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria, tal e como se ven facendo nos últimos anos.
Esta proba é obrigatoria para todo o alumnado matriculado en 3º de Educación Primaria no curso 2018/19, se ben ten carácter estritamente informativo e orientador. É dicir, que os resultados obtidos non computan en ningún caso para as cualificacións do alumnado nin teñen efecto no expediente.

Máis información neste enlace.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer