INFORMACIÓN FAMILIAS/ALUMNADO DE 1º A 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Co obxectivo de mellorar a atención ao alumnado, modificamos o funcionamento da AULA VIRTUAL de ED. PRIMARIA. A partir de agora o alumnado deberÁ acceder co seu nome de usuario e contrasinal.
O usuario de cada alumno será o primeiro nome e o primeiro apelido, xuntos en minúsculas, sen acentos, nin diérese e substituíndo a letra ñ pola n. Por exemplo: Xosé Antonio Camiño Suárez terá como usuario xosecamino. O contrasinal será 1234, ao acceder por primeira vez a plataforma vai solicitar o seu cambio.
Existen unha serie de vídeo-titoriais para o acceso e manexo básico da aula virtual neste enlace.
Para calquera erro, dúbida dispoñen do correo electrónico, incidenciascpisantalucia@gmail.com
CIRCULAR FAMILIAS: PECHE DA 2ª AVALIACIÓN.
Antes de nada, aproveitamos a ocasión para transmitirvos o noso desexo de que esteades ben, levando o mellor posible a corentena á que obrigou o estado de alarma decretado pola crise sanitaria do COVID-19.
Como sabedes, segundo recolle o calendario oficial do curso 2019/20, o vindeiro 3 de abril remata a segunda avaliación. Como tamén sabedes, debido á situación excepcional arriba mencionada, a actividade educativa presencial suspendeuse nos centros educativos o pasado 13 de marzo. Seguindo as directrices marcadas desde a Consellería de Educación, no caso do noso centro continuamos traballando a distancia tanto en primaria como en secundaria, ben a través da aula virtual do centro ou a través de E-Dixgal.
Na Conferencia Sectorial de Educación do pasado 25 de marzo, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade educativa presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central: (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634)
Acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.
Por outra banda, recibimos as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:
1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. (...)
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.
Tendo en conta o anterior, informámosvos de que:
-Todo o alumnado do centro será avaliado segundo o traballo que realizara ata o día 12 de marzo, último día de asistencia obrigatoria ao centro.
-As cualificacións do alumnado publicaranse na plataforma AbalarMóbil o vindeiro venres 3 de abril ao longo da mañá. Se algún pai/nai non ten instalada a aplicación, pode descargala no enderezo https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil nun teléfono móbil que teña asociado un número de teléfono que figure no expediente do seu fillo/a no colexio.
Dado que a suspensión da actividade educativa presencial fixo que non se levasen a cabo todas as actividades, probas, exames, traballos... previstos nas programacións didácticas, o profesorado poderá adaptar de xeito excepcional para o segundo trimestre os criterios de cualificación empregados para avaliar ao seu alumnado. Toda a información relacionada cos criterios empregados por cada profesor/a serán expostos na páxina web do centro.
O Equipo directivo.
Criterios de cualificación na ESO da 2ª Avaliación_Curso 2019/2020
AXUDAS ECONÓMICAS COMEDOR ESCOLAR. CORONAVIRUS: COVID-19
Dirixidas a familias que teñen fillos/as que empregan o servizo de comedor de xeito gratuíto ou pagando 1€ por día.
Presentación de solicitudes:
- Opción 1: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, buscando o procedemento ED601B.
- Opción 2: Para as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos: enviar ao correo electrónico do centro cpi.santa.lucia@edu.xunta.es a seguinte información:
1. Fotografía do DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
2. Nome e apelidos do titor; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
3. Fotografía do comprobante do número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
Prazo do 3 de marzo ao 6 de abril, ámbolos dous incluídos.
Moi importante: Ler o Documento explicativo.
Departamento de Orientación_Pautas dos especialistas de Audición e Linguaxe
Podes consultar aquí as ideas e recomendacións que os especialistas de Audición e Linguaxe do Departamento de Orientación do centro propoñen para poñer en práctica neste periodo que estamos a atravesar.
Aviso do Departamento de Orientación
A pesar destes momentos tan especiais o Departamento de Orientación segue á vosa disposición, tanto á disposición das nosas familias como do noso alumnado.
Nestes momentos poden xurdir dúbidas escolares, vocacionais ou persoais e aí estaremos, coma sempre!! Axudando no que poidamos!
Pódeste poñer en contacto con todos os membros do noso departamento:
-María Fernández
-Lorena Búa
Procedemento de traballo durante o período que dure a suspensión da actividade lectiva presencial
Durante o período que dure a suspensión da actividade lectiva presencial, seguirase co traballo na aula virtual do centro (no caso de alumnado de 1º a 4º de EP e de 3º e 4º de ESO) e no EVA E-Dixgal (para o alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 2º de ESO).
a) Alumnado de 1º a 4º de EP e de 3º e 4º de ESO.
No seguinte videotitorial explícase como acceder á aula virtual do CPI Santa Lucía e o procedemento de traballo co material alí aloxado.
Os datos de acceso para o alumnado ESO son os seguintes:
Nome de usuario: será o nome completo e o primeiro apelido en minúsculas e sen tildes e ñ (ex: para Luis Pérez sería luisperez)
Suspensión das actividades educativas presenciais
A partir do luns 16 de marzo e ata o 29 de marzo, o CPI Plurilingüe Santa Lucía permanecerá pechado para a atención ao público e suspenderase a actividade educativa presencial, seguindo o Artigo 9 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19. Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das aulas dixitais (Aula virtual e E-Dixgal) nas etapas de educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
Para calquera consulta estamos á súa disposición no correo electrónico do centro: cpi.santa.lucia@edu.xunta.es
Silvia Padrón
directora.
Proceso de admisión
PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
Aviso de suspensión das actividades lectivas e extraescolares no noso centro
Estimadas familias:
Segundo acaba de anunciar o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, dende o luns día 16 de marzo todos os centros educativos galegos permanecerán pechados en todos os niveis educativos. Quedan suspendidas todas as actividades lectivas e extraescolares dende o luns 16 de forma oficial e dende o venres 13 de marzo, de xeito recomendado.
Mañá venres 13 de marzo, poderedes decidir se enviar ou non aos vos fillos/as ao centro. É dicir, o venres 13 de marzo o noso centro permanecerá aberto.
Manterémosvos informados/as de calquera novidade a través do Servizo AbalarMóbil e na web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cpisantalucia
Grazas pola vosa colaboración.
A dirección.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »