CONTRATACIÓN COLABORADORES COMEDOR PARA O CURSO 2024-2025

Dende hoxe e ata o 1 de setembro, queda aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios no comedor escolar durante o curso 2024-25

 

 

Cualificacións e período de reclamación

 

Atendendo a normativa de referencia (ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia, orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia), o período de reclamación as cualificacións será de dous días hábiles desde o día seguinte da comunicación.

 

25 de xuño: Comunicación das cualificacións a través de AbalarMóbil (ás 12:00).

26 e 27 de xuño: Período de reclamación formal ante dirección en horario de 11:00 a 13:00.

Calendario materias pendentes mes de xuño

 

Publícase o calendario correspondente ao mes de xuño de materias pendentes de outros cursos para alumnado de ESO.

 

Enlace ao calendario

PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar

Dende fai uns días temos instalado no centro un Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso, enviado dende a Consellería e consistente nun buzón onde calquera membro da comunidade escolar pode depositar de xeito anónimo feitos dos que é coñecedor de acoso ou ciberacoso a alumnado do centro.

Do mesmo xeito na páxina web está habilitado un punto laranxa virtual onde se poden deixar mensaxes, tamén de xeito anónimo, sobre situacións vividas en primeira persoa ou a terceiros, co fin de contribuir á eliminación deste tipo de comportamentos e preservar o benestar do noso alumnado.

Na entrada do edificio administrativo temos guías informativas para alumnado, profesorado e familias que nos poden servir de axuda no tratamento dos dispositivos dixitais e das redes sociais dos menores.

 

                                    

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar escolar 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Nos seguintes enlaces poden atopar información relacionada con esta convocatoria.

Orde do 7 de maio de 2024

Enlace fondolibros convocatoria 2024-2025

Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)

 

ESCOLA DE FAMILIAS

05/09/2024 08:40
Etc/GMT

ESCOLA DE FAMILIAS

 CHARLA "ADOLESCENCIA E SAÚDE MENTAL"

24 DE MAIO ÁS 20:00 MULTIUSOS DE MORAÑA

 

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES DA ESO. 3ª AVALIACIÓN

04/29/2024 06:53
Etc/GMT

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES DA ESO. 3ª AVALIACIÓN

Calendario. Pinchar aquí

Avaliación de diagnóstico

 

 

A continuación podedes atopar os enlaces aos cuestionarios de contexto.

 

4º EP:     https://enquisas.edu.xunta.gal/649647

 

2º ESO:   https://enquisas.edu.xunta.gal/272794

 

Powered by Drupal - Design by artinet