CIRCULAR INFORMATIVA: CARNÉ DO ALUMNADO AUTORIZADO A SAÍR SÓ.

A partir do 11 de febreiro de 2019 o alumnado do CPI Plurilingüe Santa Lucía autorizado polo seu pai/nai ou titor/a legal a saír só do recinto escolar ao remate da xornada lectiva deberá empregar o carné que lle foi facilitado na secretaría do centro. Máis información neste enlace.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. Curso 2019/2020.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. Curso 2019/2020.

Reserva de praza: (alumnado doutros centros).

Este suposto é para o alumnado pertencente a un centro adscrito, no noso caso abrangue os seguinte centros:

a.  Escola de educación infantil de Amil

b. Escola de educación infantil San Lourenzo de Moraña (Espedregueira)

c.  Escola de educación infantil de Lamas (Souto)

Tamén está dirixido ao alumnado que quere cambiar dun centro a outro ao que estea adscrito.

Prazo do 1 ao 15 de febreiro.

Para máis información preme aquí.

Listaxe de solicitudes admitidas. Centro de adscrición _(publicado 22/02/19).

 

POSPONSE A CARREIRA SOLIDARIA

 

Debido ás predicións meteorolóxicas adversas, temos que pospoñer a Carreira Solidaria do mércores 30 de xaneiro e as actividades vencelladas á mesma.

Estaremos pendentes das previsións da vindeira semana para poñer unha nova data.

Un saúdo,

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Cumpreanos de primeiro

 

Cumpreanos de primeiro. 1º trimestre

Festa de fin de ano 2018

25N

Eleccións para a renovación parcial dos membros do consello escolar

Estimadas familias:

Como xa se informou previamente, nesta convocatoria procede renovar un representante do sector pais/nais para o Consello escolar do centro.

Segundo se establece no artigo 9º do capítulo IV do Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG 26-01-1999),“A xunta electoral solicitaralle, cando proceda, á asociación de pais de alumnos do centro legalmente constituída, que teña maior número de asociados a proposta dun representante para o Consello Escolar”.

Posto que a ANPA do centro xa designou o seu representante, non se celebrará a votación para este sector.

En canto ao sector de alumnado, lembramos ao alumnado de Educación secundaria obrigatoria que poden presentar a súas candidaturas ata o día 15 de novembro.

Moraña, 12 de novembro de 2018.

A Dirección.

Comunicación á comunidade educativa sobre o inicio do proceso electoral para o consello escolar

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

   Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa (alumnado, profesorado, familias e persoal de administración e servizos) deste Centro que o pasado martes, día 30  de outubro se iniciou o proceso de eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, coa elección por sorteo público dos compoñentes da XUNTA ELECTORAL (directora, 1 alumno/a, 1 profesor/a, 1 pai/nai e 1 representante do persoal de administración e servizos) máis os correspondentes suplentes, que organizará e supervisará todo o proceso.

       Segundo se establece no artigo 9º do capítulo IV do Decreto 7/1999 do sete de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG 26-01-1999), nos centros públicos de oito ou máis unidades os consellos escolares terán a composición seguinte: director, xefe de estudos de educación primaria, xefe de estudos de educación secundaria, un concelleiro ou representante do concello, seis profesores elixidos polo claustro, tres representantes dos pais, nais ou titores dos alumnos, tres representantes do alumnado e un representante do persoal de administración e servizos; o secretario do centro actuará como secretario do consello con voz e sen voto.

 Nestas eleccións corresponde renovar 5 representantes do profesorado, 1 representante do sector pais/nais, 1 representante do alumnado, 1 representantedo persoal de administración e servizos e 1 representante do concello.

Desde hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do centro os censos electorais dos diferentes sectores. Poderán presentarse reclamacións na Secretaría do centro ata o día 16 de novembro de 2018.

 

A Dirección

 

 

Renovación parcial do consello escolar

A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA 

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG 192 do 8 de outubro de 2018)  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros sostidos con fondos públicos realizarase proximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do mesmo.

 

Segundo o Artigo 2º da mencionada Resolución, a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre os días 26 e 30 de novembro, ambos os dous incluídos.

 

A organización e a supervisión do procedemento estará a cargo da Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo. Esta Xunta Electoral constituirase entre os días 5 e 8 de novembro de 2018. Os membros da Xunta Electoral serán escollidos en sorteo público o vindeiro martes 30 de outubro de 2018 ás 09:15 horas, no salón de actos do centro, sendo os seguintes:

 

 - A directora do centro.

- Un/ha profesor/a.

- Un/ha pai/nai ou titor/a legal.

- Un/ha representante do persoal de administración e servizos.

- Un/ha alumno/a de educación secundaria.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Animámoslles a que presenten as súas candidaturas para o seu sector.

 

Moraña, 29 de outubro de 2018.

Equipo directivo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet