Comunicación á comunidade educativa sobre o inicio do proceso electoral para o consello escolar
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa (alumnado, profesorado, familias e persoal de administración e servizos) deste Centro que o pasado martes, día 30 de outubro se iniciou o proceso de eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, coa elección por sorteo público dos compoñentes da XUNTA ELECTORAL (directora, 1 alumno/a, 1 profesor/a, 1 pai/nai e 1 representante do persoal de administración e servizos) máis os correspondentes suplentes, que organizará e supervisará todo o proceso.
Segundo se establece no artigo 9º do capítulo IV do Decreto 7/1999 do sete de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG 26-01-1999), nos centros públicos de oito ou máis unidades os consellos escolares terán a composición seguinte: director, xefe de estudos de educación primaria, xefe de estudos de educación secundaria, un concelleiro ou representante do concello, seis profesores elixidos polo claustro, tres representantes dos pais, nais ou titores dos alumnos, tres representantes do alumnado e un representante do persoal de administración e servizos; o secretario do centro actuará como secretario do consello con voz e sen voto.
Nestas eleccións corresponde renovar 5 representantes do profesorado, 1 representante do sector pais/nais, 1 representante do alumnado, 1 representantedo persoal de administración e servizos e 1 representante do concello.
Desde hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do centro os censos electorais dos diferentes sectores. Poderán presentarse reclamacións na Secretaría do centro ata o día 16 de novembro de 2018.
A Dirección