A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA
De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG 192 do 8 de outubro de 2018) da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros sostidos con fondos públicos realizarase proximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do mesmo.
Segundo o Artigo 2º da mencionada Resolución, a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre os días 26 e 30 de novembro, ambos os dous incluídos.
A organización e a supervisión do procedemento estará a cargo da Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo. Esta Xunta Electoral constituirase entre os días 5 e 8 de novembro de 2018. Os membros da Xunta Electoral serán escollidos en sorteo público o vindeiro martes 30 de outubro de 2018 ás 09:15 horas, no salón de actos do centro, sendo os seguintes:
- A directora do centro.
- Un/ha profesor/a.
- Un/ha pai/nai ou titor/a legal.
- Un/ha representante do persoal de administración e servizos.
- Un/ha alumno/a de educación secundaria.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
Animámoslles a que presenten as súas candidaturas para o seu sector.
Moraña, 29 de outubro de 2018.
Equipo directivo.