Disque TV: AMODIÑO

O alumnado de 5º realizaron un traballo sobre as normas de comportamento e decidiron plasmalo nun vídeo musical. Veredes o pegadiza que é...A-MO-Di-ÑO

 

Proceso de admisión-matrícula para o curso 2021/22

3ª Fase.-ACTUALIZACIÓN DE DATOS PARA O CURSO 2021/2022. (Alumnado matriculado no Centro no curso 2020/21)

O alumnado que vaia cursar educación infantil ou educación primaria no vindeiro ano académico 2021/22 ten a necesidade de cumprimentar unhas follas de reserva interna para coñecer as súas preferencias e os servizos complementarios que vai utilizar de cara ao curso seguinte xa que ten unha praza garantida para o seguinte nivel ao que está cursando.  Os titores/as de cada grupo de alumnos/as serán os encargados de repartir e explicar estes formularios no mes de maio.

Abrangue do 21 de maio ao 31 de maio.

Sabíades que...

 

Sabíades que...

A natureza tarda 10 anos en converter unha lata de refresco en óxido de ferro? Que as bolsas de plástico tardan máis dun século en descompoñerse totalmente? E que as botellas de plástico poden tardar en degradarse ata 1000 anos se permanecen enterradas?

O alumnado de infantil e primaria do CPI Santa Lucía comprobou a cantidade de envases plásticos e briks que se xeran nas aulas gardando o lixo da papeleira amarela durante dúas semanas.

Pensade agora no dano que produce tal cantidade de lixo no medio ambiente. Evitalo está nas vosas mans, é tan sinxelo como seguir o principio dos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar.

O MELLOR RESIDUO É O QUE NON SE PRODUCE.

No seguinte enlace detállanse uns sinxelos consellos cos que reducir a produción de residuos, apostando por un consumo responsable.

http://www.sogama.gal/gl/info/os-tres-erres

Entroido 2018, de película

Ghotsbuster

Carreira Solidaria

O 30 de xaneiro, día da paz, no CPI Santa Lucía organizamos unha carreira solidaria a favor de SAVE DE CHILDREN.

Todo o recaudado 1450,45 € xa foi ingresado na conta da ONG.

 

Reserva de praza en cetro de adscrición

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. Curso 2018/2019.

Reserva de praza: (alumnado doutros centros).

Este suposto é para o alumnado pertencente a un centro adscrito, no noso caso abrangue os seguinte centros:

a.  Escola de educación infantil de Amil

b. Escola de educación infantil San Lourenzo de Moraña (Espedregueira)

c.  Escola de educación infantil de Lamas (Souto)

Tamén está dirixido ao alumnado que quere cambiar dun centro a outro ao que estea adscrito.

Prazo do 1 ao 15 de febreiro.

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común, incluíndose por primeira vez este ano a SEDE ELECTRÓNICA

Para máis información preme aquí.

Listaxe de solicitudes admitidas. Centro de adscrición _(publicado 22/02/18).

 

Disque Tv: Temporada 2.Emisión 1.

Ola a todos, voltamos coas emisións de Disque Tv, a tele do CPI Santa Lucía.

Non vos podemos adiantar moito, pero bueno, este curso intentaremos ter programas diferentes e tamén imos intentar que particpen outros cursos coas suas propias producións como 6º B co Moraña no Mundo e algunha sorpresa mais.

Para esta primeira emisión na segunda temporada, temos a visita a Hoxe Falamos Con… de María Fernández Ferro a orientadora do centro e este ano tamén é a coordinadora do equipo de convivencia escolar. Non sabedes o que é? pois atentos a entrevista.

Ademáis temos a primeira sorpresa, un novo programa, esta vez de cociña. Brais Montáns invitounos a súa casa para mostrarnos como se prepara unha fabada.

 

Powered by Drupal - Design by artinet