Disque Tv: Temporada 2.Emisión 1.

Ola a todos, voltamos coas emisións de Disque Tv, a tele do CPI Santa Lucía.

Non vos podemos adiantar moito, pero bueno, este curso intentaremos ter programas diferentes e tamén imos intentar que particpen outros cursos coas suas propias producións como 6º B co Moraña no Mundo e algunha sorpresa mais.

Para esta primeira emisión na segunda temporada, temos a visita a Hoxe Falamos Con… de María Fernández Ferro a orientadora do centro e este ano tamén é a coordinadora do equipo de convivencia escolar. Non sabedes o que é? pois atentos a entrevista.

Ademáis temos a primeira sorpresa, un novo programa, esta vez de cociña. Brais Montáns invitounos a súa casa para mostrarnos como se prepara unha fabada.

 

Powered by Drupal - Design by artinet