Sabíades que...

 

Sabíades que...

A natureza tarda 10 anos en converter unha lata de refresco en óxido de ferro? Que as bolsas de plástico tardan máis dun século en descompoñerse totalmente? E que as botellas de plástico poden tardar en degradarse ata 1000 anos se permanecen enterradas?

O alumnado de infantil e primaria do CPI Santa Lucía comprobou a cantidade de envases plásticos e briks que se xeran nas aulas gardando o lixo da papeleira amarela durante dúas semanas.

Pensade agora no dano que produce tal cantidade de lixo no medio ambiente. Evitalo está nas vosas mans, é tan sinxelo como seguir o principio dos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar.

O MELLOR RESIDUO É O QUE NON SE PRODUCE.

No seguinte enlace detállanse uns sinxelos consellos cos que reducir a produción de residuos, apostando por un consumo responsable.

http://www.sogama.gal/gl/info/os-tres-erres

Powered by Drupal - Design by artinet