Saltar navegación.
Inicio

CONTES D´AFRIQUE 2019

O día 29 de novembro os alumnos de 3º e 4º de E.S.O. disfrutaron da visita do camerunés Samuel Mountoumnjou, contacontos e mediador intercultural. Achegounos á cultura e aos costumes do continente africano a través de contos, lendas , fábulas e anécdotas. Cantamos , bailamos e fíxonos reflexionar sobre valores tan fundamentais e esquecidos na nosa sociedade occidental como a solidariedade, a convivencia, a tolerancia e a honestidade.

 

Calendario escolar 2019-2020

Poden acceder ao calendario escolar 2019-2020 premendo na seguinte ligazón: Calendario

Lembren que, ademais dos días que figuran no calendario oficial, temos dous días non lectivos aprobados polo Consello Escolar do centro que son:

·         Venres, 20 de marzo.

·         Luns, 4 de maio.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS ESO 19-20

Listaxe definitiva da adxudicación dos libros de Secundaria para o curso 19/20. Os libros serán repartidos ao alumnado o luns 16 de setembro, nas clases.

Aviso importante sobre o horario dos meses de xuño e setembro

Informamos que durante o presente curso 2019-2020, non se realizará a xornada reducida dos meses de setembro e xuño.

En consecuencia:

  • O alumnado de Educación Infantil e Primaria terá, a partir do día 11 de setembro, clases de mañá e tarde, co horario do comedor habitual de 13:25 a 14:25.

  • O alumnado de Ed. Secundaria terá, desde o día 16 de setembro, a tarde do xoves, con horario de comedor de 15:15 a 16:05.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS DA ESO. CURSO 19 - 20

Publicada a adxudicación provisional do Fondo Libros da ESO. 

A listaxe definitiva non se publicará ata o día 13 de setembro, unha vez rematados os exames da convocatoria extraordinaria e rexistrada a matrícula do alumno/a.

Para calquera dúbida ou consulta poden chamar ao colexio ou consultalo na páxina web www.edu.xunta.es/fondolibros/

A entrega de libros que lle corresponden a cada alumno/a será a partir do día 16 de setembro, data na que comenzará o curso 19/20.

Tamén poden recoller na secretaría do colexio os cheques de material adxudicados.

LISTAXE PROVISIONAL ESO

Convocatoria de setembro (18/19). Calendario de exames e nota informativa

Datas e prazos para setembro: 

EXAMES: Días 2, 3 e 4 de setembro según  horario que se adxunta.

ENTREGA DE NOTAS: Venres, 6 de setembro, ás 10 h.

RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO: Venres 6 de setembro (de 10 a 13h). SÓ PARA A ESO.

RECLAMACIÓNS: Venres 6 e luns 9 de setembro.

MATRÍCULA: Preferentemente o mesmo venres 6 de setembro, cumprimentando o sobre que se entregou ao alumnado en xuño.

LIBROS DE TEXTO: A adxudicación de libros de texto publicaráse a partir do día 13 de setembro. A entrega será a partir do

día de comezo das clases.

COMEZO CURSO 19/20: Luns, 16 de setembro, en horario habitual (9:45 h).

 

Circular informativa de fin de curso

Circular informativa de fin de curso.

Horario e actividades do mes de xuño:

  • Tal e como se informou en circular anterior, mantense o mesmo horario do resto do curso.

  • Día 9 de xuño, domingo: Festival de fin de curso da ANPA.

  • 21 xuño, venres: Último día de curso. Entrega notas en Educación Infantil e Primaria. As clases rematan ás 13:00, hora á que tamén sairán do centro os autobuses de transporte escolar.

  • 26 xuño, mércores: Entrega de notas de secundaria ás 11:00 horas. Non hai transporte.

  Matrícula:

 Só é preciso matricular os alumnos ou alumnas novos/as no colexio e os que cursen Educación secundaria. As datas de matrícula son:

  • Alumnado de Infantil e Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

  • Alumnado de Secundaria:

    • Co curso aprobado en xuño: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

    • Con materias pendentes para setembro: Ata o 10 de setembro.

Para a formalización da matrícula, débese cubrir e asinar o impreso que será facilitado na secretaría e que tamén se poderá descargar na páxina web do centro.(Ao alumnado do centro que se matricule en secundaria, facilitarémoslle un sobre con toda a documentación).

Os usuarios de comedor deberán tamén entregar o impreso Anexo II:modelo de autodeclaración e especificacións, a fin de calcular a cantidade a aboar por día de servizo. Este impreso tamén se enviará ás familias en canto nos chegue da Consellería.

 

Libros de texto:

Lembramos que as familias que foron beneficiarias do fondo solidario no curso 2018/2019 deberán devolver ao centro estes libros.

A falta de devolución, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.

Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria.

A información completa pódese consultar na páxina web do centro.

 

Datas e procedemento de devolución dos libros de texto por parte das familias:

A recollida dos libros en E. Primaria realizarase na propia aula por parte dos titores e en secundaria os libros entregaranse en secretaría. As datas de devolución comunicarémolas en circular que enviaremos proximamente.

 

Libros biblioteca:

A data máxima de devolución dos libros da biblioteca que o alumnado ten en concepto de préstamo será o venres 21 de xuño. Xuntamos circular informativa da biblioteca sobre os préstamos para o verán.

 

Distribuir contido