Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

SAÍDA DE ESPELEOLOXÍA DO C.P.I. FONTE DÍAZ

C.P.I. FONTE DÍAZ - TOURO

Enlace curso Sonia

DATA:

16 de novembro de 2007

ZONA:

As Herrerías - Vega de Valcarcel - León

CAVIDADES VISITADAS:

Cova de Cortiñas

MEMBROS ASISTENTES:

Alumnado de cuarto da ESO do C.P.I. Fonte Díaz de Touro

ACTIVIDADES REALIZADAS:

Ao comezo da xornada vestímonos co material necesario para poder practicar a espeleoloxía e a continuación o monitor da actividade, Antonio López Sal, tras proporcionar ao alumnado un mapa topográfico da Cova de Cortiñas, realizou unha explicación preparatoria: en primeiro lugar falou de contidos de carácter xeral, como a orixe das covas, os tipos de formacións que podemos atopar nelas, así como a súa fauna e flora, a temperatura interior (e cal é o motivo de que esta sexa constante), etc; e en segundo lugar, informou aos rapaces sobre as particularidades da cova obxecto da visita: falouse da tipoloxía da mesma, da súa topografía, da espeleoloxía como deporte e do material necesario para practicalo.

Despois de atender ás interesantes explicacións do monitor, dispuxémonos a facer o camiño para atopar a entrada principal a cova. Unha vez alí, Antonio pediulle aos asistentes que, facendo uso da información topográfica que lles entregara con anterioridade, atoparan unha segunda entrada á cova.

Cando os rapaces atoparon a segunda entrada, de menor entidade que a primeira, fomo entrando por ela en orde en con precaución, ata chegar á primeira estancia da cova, denominada a "Sala da Entrada". Nese momento, os monitores José Luis Fernández Andión e Antonio López, suxeriron aos asistentes que localizaran de novo no mapa o lugar onde nos atopabamos e posteriormente debatemos por onde debiamos seguir avanzando para chegar á "Sala do Resalte". Chegados a esta sala, os alumnos puideron observar algunhas das formacións que se lles anunciara ao comezo da actividade.

E así, con esta dinámica (realizabamos unha xuntanza, o alumnado consultaba a información topográfica e tomaba decisións, ás veces acertadas e ás veces non, sobre o camió a seguir) fomos percorrendo tódalas estancias da cova, algunhas delas nomeadas en función das formacións que acollen no seu interior e que puidemos admirar: "Sala da Colada", "Sala da Columna", "Sala do Resalte", etc

Ao final, reflexionouse sobre a práctica da espeleoloxía e concluíuse que é un deporte que ten dúas características principais: en primeiro lugar, cabe dicir que é unha actividade que se desenvolve en permanente contacto coa natureza e que esta, como medio en constante cambio, require dos participantes a máxima atención para adaptarse axeitadamente aos imprevistos; e en segunto lugar, poderíase salientar que a espeleoloxía é un deporte non competitivo no que a solidariedade e a coordinación entre os participantes son fundamentais para poder salvar os distintos obstáculos que se presenten no camiño e mesmo solventar, chegado o caso, situacións de emerxencia.


 

FOTOGRAFÍAS:

Atendemos ás explicacións de Antonio

 

[

De camiño á cova

A entrada á cova

 

   Localizando no mapa topográfico onde nos atopamos

 

 

 

 

 

Algunhas das formacións da cova

 

 

 

 

 

 

 

 

Descansando á saída

   

 

Distribuir contido