Relixión
RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA A OPERACIÓN QUILO
A campaña de recollida de alimentos da Operación Quilo foi todo un éxito, tal e como se recolle na nova publicada no xornal que podedes ler no seguinte enlace:
No colexio de Touro aportamos tamén o noso gran de area. Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración
OPERACIÓN QUILO
Como en anos anteriores, o noso centro participa en actividades de sensibilización e solidariedade coas familias máis desfavorecidas. Ata o día 21 de decembro recollemos todo tipo de alimentos non perecedoiros en colaboración co Centro Xuvenil Don Bosco, que despois son distribuídos a institucións como Cáritas, Asociación de Mulleres Vagalume, Asociación Arela e Cottolengo.
Moitas grazas pola colaboración.
O SÍMBOLO. O INEFABLE. O SILENCIO
O SÍMBOLO
Se xulgásemos a obra dun gran poeta pola súa exactitude matemática correría a mesma sorte que se xulgásemos a obra dun gran matemático pola súa riqueza poética: tanto a unha coma a outra irían parar ao caldeiro do lixo e eso, obviamente, non porque ditas obras o merecesen senón porque non se merecían ser lidas dese modo. Non podemos encontrar o bo nun texto se o lemos mal.
No caso específico dos textos relixiosos, convén estar en garda contra o erro de abordalos como se de textos científicos se tratase. Se cometemos ese erro resultará moi fácil ridiculizalos pero moi difícil comprendelos. Así, se collemos a Biblia, encontrámonos con que nada máis empezar, na Xénese, dísenos que o primeiro día Deus fixo a luz e o cuarto as estrela e luminarias (o que suxire o sen sentido de que primeiro foi a luz e despois a súa causa: os corpos que a emiten) e ofrécesenos unha teoría da orixe do home particularmente inverosímil desde o punto de vista científico. O que nos sucede nada máis abrir a Biblia sucédenos unha e outra vez se lemos libros relixiosos como se de libros de ciencia se tratase. Pero o feito é que non son libros de ciencia e que a súa linguaxe está atravesada de cabo á cima por metáforas e símbolos. Metáforas e símbolos cos que nos debemos familiarizar se queremos comprender.
A ciencia fala de realidades naturais, isto é, daquilo que, desde un punto de vista relixioso, pertence ao ámbito do profano; a relixión fálanos, polo contrario, do espiritual, do que pertence ao sagrado. De aí que, mentres que a linguaxe da ciencia é unha linguaxe de signos cun significado que está perfectamente delimitado, a linguaxe da relixión é unha linguaxe de símbolos cun significado que permanece ambiguo e parcialmente escuro. Os signos usámolos para referirnos ao coñecido, os símbolos para orientarnos ante o descoñecido. Etimoloxicamente, simbolizar nomeaba a acción de xuntar as dúas partes duna moeda previamente separadas. A relixión sérvese do símbolo un intento de religar o home coa súa outra metade, coa dimensión espiritual e sacra da existencia humana.
Mircea Eliade (1907-86), foi un dos máis importantes estudosos de historia las relixións que teña dado o século XX. El fálanos das diferenzas existentes entre o sagrado e o profano: " O home entra en coñecemento do sagrado porque se manifesta, porque se amosa como algo diferente por completo do profano. Para denominar o acto desa manifestación do sagrado propoñemos o termo de hierofanía, que é cómodo, posto que non implica ningunha precisión suplementaria: non expresa máis que o que está indicado no seu contido etimolóxico, é dicir, que algo sagrado se nos amosa. Podería dicirse que a historia das relixións, das máis primitivas ás máis elaboradas, está constituída por unha acumulación de hierofonías, polas manifestacións das realidades sacras. Da hierofanía máis elemental (por exemplo, a manifestación do sagrado nun obxecto calquera, unha pedra ou unha árbore) ata a hierofanía suprema, que é para un cristián, a encarnación de Deus en Xesús Cristo, non existe solución de continuidade. Trátase sempre do mesmo acto misterioso: a manifestación de algo ‘completamente diferente', duna realidade que non pertence ao noso mundo, en obxectos que forman parte integrante do noso mundo "natural", "profano".
O occidental moderno experimenta certo malestar ante certas formas de manifestación do sagrado: cústalle traballo aceptar que, para determinados seres humanos, o sagrado poida manifestarse nas pedras ou nas árbore. Pois, como se verá en seguida, non se trata de veneración dunha pedra ou dunha árbore por si mesmos. A pedra sagrada, a árbore sagrada non son adorados en canto tales; sono precisamente polo feito de ser hierofanías, polo feito de "amosar" algo que xa non é nin pedra nin árbore, senón o sagrado.
Nunca se insistirá o bastante sobre o paradoxo que constitúe toda hierofanía, incluso a máis elemental. Ao manifestar o sagrado, un obxecto calquera convértese noutra cousa sen deixar de ser el mesmo. Pois continúa participando do medio cósmico circundante. Unha pedra sagrada segue sendo unha pedra; aparentemente (con máis exactitude: desde un punto de vista profano) nada a distingue das demais pedra. Para quen aquela pedra se revela como sagrada, a súa realidade inmediata transmútase, polo contrario, en realidade sobrenatural. Noutros termos: para aqueles que teñen a experiencia relixiosa, a Natureza na súa totalidade é susceptible de revelarse como sacralidade cósmica. O Cosmos na súa totalidade pode converterse en hierofanía...
Digamos de antemán que o mundo profano na súa totalidade, o Cosmos completamente desacralizado, é un descubrimento recente do espírito humano. Non é da nosa incumbencia o amosar por qué procesos históricos e a consecuencia de qué modificacións de comportamento espiritual desacralizou o home moderno o seu mundo e asumiu unha existencia profana. Baste unicamente con deixar constancia aquí do feito de que a desacralización caracteriza a experiencia total do home non relixioso das sociedades modernas; do feito de que, por consiguiente, este último reséntese dunha dificultade cada vez maior para reencontrar as dimensións existenciais do home relixioso das sociedades arcaicas." (Mircea Eliade, Lo sagrado y lo profano, Barcelona, Labor, 1985, pp. 18-21)
O INEFABLE
Do meso xeito que as redes dos pescadores poden atrapar peixes pero non a auga na que estes viven, as redes da nosa linguaxe conceptual non poden (segundo os fundadores das grandes relixións, así como os profetas e os santos) atrapar a Realidade Pura (aquel ámbito primordial e orixinario onde, como nos dí san Paulo, "vivimos, nos movemos e somos"). Esta remitencia ao inefable ou indicible sitúa o discurso relixiosos nunha posición claramente diferenciada con respecto ao discurso científico ou ao filosófico. A ciencia avala as súas teorías con experimentos comprobables por calquera que teña a formación científica necesaria; a filosofía avala o seu discurso coa coherencia interna do seu razoamento; o discurso que encontramos nos textos sagrados das relixións non se apoia, sen embargo, nin en experiencias publicamente comprobables, nin en razoamentos loxicamente concluíntes. É por iso que a fe é á relixión, o que a razón a filosofía ou a experimentación á ciencia: a súa condición necesaria e distintiva.
O SILENCIO
A ciencia, que foi amamantada no seo da filosofía, responde ao desexo de desvelar a forma e estrutura do mundo (o seu soño é o da fórmula máxica que nos permita deducilo todo). A arte responde a un impulso que crea constantemente formas novas; é así que algúns dos artistas máis creativos do século, como Picasso, estiveron permanentemente experimentado novas formas de facer arte. Mais a relixión remite a un Fondo que ultrapasa toda forma lingüística e que sería, polo tanto, esencialmente incomunicable. Velaí o carácter misterioso ou místico que a miúdo envolve o discurso relixioso. Ningunha forma xeométrica pode conter a totalidade do espazo, ningunha forma lingüística pode conter a plenitude do divino.
E por iso que máis que multiplicar as palabras o santo afóndase no silencio. Do mesmo modo que as augas dun estanque reflicten perfectamente a Lúa cando están calmas, a alma do home reflectiría a Deus tanto mellor canto máis en calma e en silencio esta se atopara.
O MUNDO DO RELIXIOSO
O MUNDO DO RELIXIOSO
Como di o tópico: non sabenos de ónde vimos nin a ónde imos. Tanto as raíces da nosa propia existencia como o noso destino ofrécensenos bordeadas por unha aura de misterio. O home respondeu de diferentes formas a ese misterio e a partir de revolución científica confiou especialmente na ciencia como modo de resposta. Non obstante, a ciencia moderna é un fenómeno históricamente recente e tan só uns 500 anos nos separan de Copérnico. Moito antes, hai uns vinteseis séculos, tiña nacido a filosofía en Grecia como un intento de dar resposta racional aos interrogantes que acompañan o home ao longo da súa existencia.
Sen embargo, miles de anos antes de que os filósofos comezaran a trenzar os seus sistemas racionais, o home xa tiña respondido relixiosamentes ao enigna da vida. Podemos datar históricamente o nacemento da ciencia e da filosofía, pero a orixe da arte e da relixión parece perderse na noite dos tempos, como se afundisen as súas raíces na sima mesma da que agroma o humano. A relixión (asociada a expresións artísticas como a danza ou a pintura) foi, pois, a primeira resposta do nome aos interrogantes máis profundos que lle formulaba o existir e segue sendo a resposta para millóns de crentes espallados por todo o mundo.
Relixión e filosofía
A filosofía, entendida como un intento de dar resposta racional aos problemas que o home enfronta, non pode coincidir plenamente coa relixión na medida en que esta última inclúe, por esencia, unha apelación á fe. Non se trata de que a relixión sexa irracional ou estea en contra da filosofía senón de que a relixión ten un compoñente transracional, isto é, irreductible a razón, que é a fe. Se queremos que alguén comprenda un teorema matemático pedímoslle que faga uso da súa intelixeencia (se alguén acepta o teorema por fe é que non o entrendeu) pero para entrar no camiño relixioso o que se nos pide é un acto de fe, algo máis que un mero asentimento racional.
Relixión e ciencia
Do mesmo modo, se ben é certo que tanto a ciencia como a relixión insisten na necesidade da experiencia, tamén é certo que o que ambas entenden por experiencia non é o mesmo. Unha experiencia para ser científica ten que ser publicamente comprobable mentres que as experiencias cume que nos relatan os santos e místicos amosan un carácter íntimo, ocorren, por así dicilo, porta adentro sen que haxa máis testemuñas que o que está tendo a vivencia.
Se alguén nos di que leva unha entrada de cine no peto temos un medio para comprobar se o que nos dí é certo ou non, basta con mirar dentro de peto. Pero se alguén ao noso lado parece entrar en trance e despois nos conta que lle estivo falando a Virxe María, a cuestión é moi distinta, podemos crer ou non o que nos conta, pero non podemos abrir a súa mente como se fose un peto e ver se efectivamente alí se encontra ou estivo a Virxe María. Incluso no caso de que o individuo en cuestión sexa veraz non temos acceso directo á súa experiencia, só el, que a viviu en persoa, tivo ese acceso.