Lingua Castelá e Literatura
Materiais de lingua castelá e literatura na páxina web do centro
Materiais de lingua castelá e literatura na páxina web do centro
Na aula virtual poderás acceder a varios cursos relacionados coa materia de lingua castelá e literatura: a presentación das etapas históricas e correntes literarias estudadas en 3º e 4º da ESO; un modelo de comentario literario a partir dun soneto de Quevedo; un modelo de comentario lingüístico a partir dun texto publicitario asinado pola escritora Espido Freire; modelos de exames; actividades de reforzo para os alumnos/as que deban examinarse en setembro; explicacións sobre como elaborar definicións, etc... Ademais, para facer actividades ou consultas, acceder ao dicionario, documentarte sobre o español no mundo ou aprofundar nos teus coñecementos, podes acceder á páxina web da Real Academia, do Instituto Cervantes ou aos recursos en rede do Ministerio de Educación e Ciencia.
Calendario de exames da 3ª avaliación
Calendario de exames da 3ª avaliación:
Curso | 3ª AVALIACIÓN | EXAME FINAL |
2º C | 5 XUÑO | 19 XUÑO |
3º A |
4 XUÑO | 18 XUÑO |
3º B | 4 XUÑO | 18 XUÑO |
4º A | 5 XUÑO | 17 XUÑO |
4º B | 5 XUÑO | 17 XUÑO |
O LIBRO DO MES
O libro recomendado para 4º ESO nesta 2ª avaliación é La metamorfosis de F. Kafka. É un libro breve de lectura non moi difícil que exemplifica moi ben a renovación narrativa da primeira metade do século XX.
CALENDARIO DE EXAMES DA SEGUNDA AVALIACIÓN
Velaquí o calendario de exames da segunda avaliación:
Curso | Día | Hora |
2º C | Xoves 6 de marzo | 9:40 h |
3º A |
Mércores 5 de marzo | 10:30 h |
3º B | Mércores 5 de marzo | 11:40 h |
4º A | Xoves 6 de marzo | 10:30 h |
4º B | Xoves 6 de marzo | 13:20 h |