SAÍDA DE ESPELEOLOXÍA DO C.P.I. FONTE DÍAZ
C.P.I. FONTE DÍAZ - TOUROEnlace curso Sonia |
|
DATA:
16 de novembro de 2007 |
|
ZONA: As Herrerías - Vega de Valcarcel - León |
CAVIDADES VISITADAS: Cova de Cortiñas |
MEMBROS ASISTENTES: Alumnado de cuarto da ESO do C.P.I. Fonte Díaz de Touro |
|
ACTIVIDADES REALIZADAS: Ao comezo da xornada vestímonos co material necesario para poder practicar a espeleoloxía e a continuación o monitor da actividade, Antonio López Sal, tras proporcionar ao alumnado un mapa topográfico da Cova de Cortiñas, realizou unha explicación preparatoria: en primeiro lugar falou de contidos de carácter xeral, como a orixe das covas, os tipos de formacións que podemos atopar nelas, así como a súa fauna e flora, a temperatura interior (e cal é o motivo de que esta sexa constante), etc; e en segundo lugar, informou aos rapaces sobre as particularidades da cova obxecto da visita: falouse da tipoloxía da mesma, da súa topografía, da espeleoloxía como deporte e do material necesario para practicalo. Despois de atender ás interesantes explicacións do monitor, dispuxémonos a facer o camiño para atopar a entrada principal a cova. Unha vez alí, Antonio pediulle aos asistentes que, facendo uso da información topográfica que lles entregara con anterioridade, atoparan unha segunda entrada á cova. Cando os rapaces atoparon a segunda entrada, de menor entidade que a primeira, fomo entrando por ela en orde en con precaución, ata chegar á primeira estancia da cova, denominada a "Sala da Entrada". Nese momento, os monitores José Luis Fernández Andión e Antonio López, suxeriron aos asistentes que localizaran de novo no mapa o lugar onde nos atopabamos e posteriormente debatemos por onde debiamos seguir avanzando para chegar á "Sala do Resalte". Chegados a esta sala, os alumnos puideron observar algunhas das formacións que se lles anunciara ao comezo da actividade. E así, con esta dinámica (realizabamos unha xuntanza, o alumnado consultaba a información topográfica e tomaba decisións, ás veces acertadas e ás veces non, sobre o camió a seguir) fomos percorrendo tódalas estancias da cova, algunhas delas nomeadas en función das formacións que acollen no seu interior e que puidemos admirar: "Sala da Colada", "Sala da Columna", "Sala do Resalte", etc Ao final, reflexionouse sobre a práctica da espeleoloxía e concluíuse que é un deporte que ten dúas características principais: en primeiro lugar, cabe dicir que é unha actividade que se desenvolve en permanente contacto coa natureza e que esta, como medio en constante cambio, require dos participantes a máxima atención para adaptarse axeitadamente aos imprevistos; e en segunto lugar, poderíase salientar que a espeleoloxía é un deporte non competitivo no que a solidariedade e a coordinación entre os participantes son fundamentais para poder salvar os distintos obstáculos que se presenten no camiño e mesmo solventar, chegado o caso, situacións de emerxencia.
|
|
FOTOGRAFÍAS: |
|
|
|
Atendemos ás explicacións de Antonio |
|
|
[ |
De camiño á cova |
A entrada á cova |
|
|
|
Localizando no mapa topográfico onde nos atopamos
|
|
|
|
|
|
|
Algunhas das formacións da cova |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Descansando á saída |