Saltar navegación.
Inicio

Froita fresca no recreo

O Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería de medio rural distribuirá froita no noso Centro, a través do noso provedor.

Servirase froita fresca no recreo a todo o alumnado do Centro, en periodos de dez días lectivos consecutivos:

  •  Do 22 de xaneiro ao 2 de febreiro
  •  Do 21 de maio oa 1 de xuño.

OPERACIÓN QUILO

Como en anos anteriores, o noso centro participa en actividades de sensibilización e solidariedade coas familias máis desfavorecidas. Ata o día 21 de decembro recollemos todo tipo de alimentos non perecedoiros en colaboración co Centro Xuvenil Don Bosco, que despois son distribuídos a institucións como Cáritas, Asociación de Mulleres Vagalume, Asociación Arela e Cottolengo.

Moitas grazas pola colaboración.

Calendario de exames de setembro

As datas e horas nas que terán lugar os exames de setembro recóllense no seguinte enlace:

ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E VALES DE MATERIAL DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

VALES DE MATERIAL

 Xa se poden recoller na secretaría do centro

 

ADXUDICACIÓN DE LIBROS

A listaxe cos libros adxudicados a cada alumno/a pódese consultar no arquivo adxunto. O reparto dos libros farase a partir do día 15, data de inicio do curso, ao propio alumnado.

COMUNICADO DE PRENSA

 O Claustro de profesores, o Consello Escolar, e a ANPA do CPI Fonte Díaz de Touro, queren manifestar o seu rexeitamento á forma de proceder da Consellería de Educación ao adoptar de forma unilateral o peche e traslado de ensinanzas de varios centros educativos, O CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, o CPI Monte Caxado en As Pontes, o CPI da Ribeira en Porriño e o CEIP Emilio Navasqüés de Outes, mostrando unha falta de respecto e consideración á comunidade educativa deses centros: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente.

Desde a comunidade educativa de Fonte Díaz entendemos que calquera decisión deste tipo debe ser informada e negociada cos representantes do profesorado e demais traballadores dos centros e cos representantes de pais e nais do alumnado.

Queremos mostrar a nosa solidariedade e apoio á comunidade educativa destes centros e desexar que a problemática se resolva da mellor maneira posible

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO

No seguinte enlace figura o calendario de exames para o mes de setembro.

INFORMACIÓN FONDO SOLIDARIO LIBROS PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

A resolución da convocatoria do FONDO SOLIDARIO de libros de texto para Educación SECUNDARIA será:

 -      Día 11 de xullo: publicación das listaxes provisionais de admitidos/as.

-                   Días 12 e 13 de xullo: presentación de reclamacións.

-                  Día 18 de xullo: publicación da listaxe definitiva de admitidos/as.

        Día 6 de setembro (de 12.30 a 14.30h.) e 7 de setembro (de 10 a 13h) : recollida de libros para o alumnado que se examine en setembro.

-                  Día 13 de setembro : publicación da adxudicación definitiva.

        Día 15 de setembro: Comezo das clases e entrega de libros ao alumnado.

Para a recollida de vales de material, consultar no colexio a principios de xullo.

Distribuir contido