CONVITE PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, VECIÑOS E INTERESADOS.
Con motivo da celebración no noso Centro do ano de Isaac Díaz Pardo convidamos a toda a Comunidade Educativa, veciños e persoas interesadas a visitala con entrada libre do 22 de maio ao 9 de xuño en horario de 10:00 a 16:00.
O martes 30 de maio ás 11:45 poderán desfrutar dunha visita guiada polo profesor do centro Daniel Asorey.
AVALIACION INDIVIDUALIZADA 3º CURSO ED. PRIMARIA
Estimadas familias:
Informamos que os vindeiros días 30 e 31 de maio realizarase a avaliación individualizada de 3º curso de educación primaria que terá carácter informativo e orientador e avaliará a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática. Estas probas aplicaranse a todo o alumnado que asista ao centro ese día.Teñen máis información no DOG do 5 de maio do 2017.
URXENTE!!! Suspensión de transporte escolar por alerta laranxa.
Tal e como informamos na circular repartida ao alumnado, foinos comunicado desde a Xefatura Territorial de Educación a suspensión do transporte escolar por alerta laranxa de neve entre as 12 horas do día 22 e as 12 horas do día 23 de marzo que afectará ás zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña (na que se sitúa o Concello de Touro). Para aclarar un pouco máis, agora mesmo, a situación é a seguinte:
-
Non se suspenden as clases nin o mércores 22 nin o xoves 23.
-
O mércores día 22: O transporte escolar recollerá ao alumnado nas paradas no horario habitual e levarao ao centro, pero non o devolverá ás casas á saída de clase. As familias deciden a asistencia ou non a clase dos seus fillos e fillas, pero se asisten teñen que pasar a recollelos no centro á saída da escola.
-
Xoves día 23: O servizo de transporte non recollerá ao alumnado nas paradas para levalo ao centro , pero si o devolverá ás súas casas , unha vez que rematen as clases, a todo o alumnado que asista ao centro.
-
Suspéndense as actividades no exterior das instalacións dos centros escolares durante o período de alerta.
Para máis información poden consultar no portal educativo da consellería premendo aquí.
Se houbese algunha outra novidade comunicarémola por este medio.
O equipo directivo.
XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO
Modelo para xustificación de faltas de asistencia que o alumnado de E. Secundaria debe entregar nos tres días seguintes á súa incorporación ao centro
PROCESO ADMISIÓN CURSO 2017 - 2018
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017-2018
Solicitude de admisión(alumnado de novo ingreso)
Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo
Documentación a entregar:
-
Solicitude de admisión: formulario normalizado (ED550B) dispoñible na secretaría do centro, na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na web do centro.
-
Fotocopia do libro de familia onde figure o alumno/a.
-
D.N.I do pai/nai ou titores legais.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de darse o caso.
-
No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio, documentación que acredite as circunstancias alegadas.
Publicación de admitidos/as:
Listaxe provisional: 25 de abril.
Listaxe definitiva: 15 de maio.
Formalización de matrícula:
Prazos de formalización:
Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño
Educación Secundaria:
Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo
Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro
A normativa reguladora do proceso de admisión, así como os postos escolares vacantes e a oferta de servicios complementarios do centro atópanse dispoñibles no taboleiro do colexio e na páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/cpifontediaz
Para calquera outra dúbida, consultar información na secretaría do centro, no teléfono 981504027 ou no enderezo cpi.fonte.diaz@edu.xunta.es
RESERVA DE PRAZA PARA BACHARELATO. CURSO 2017/2018
Dende este curso o noso centro está adscrito aos centros de Bacharelato IES As Fontiñas e IES A Pontepedriña de Santiago. Isto significa que o alumnado de 4º ESO que queira cursar Bacharelato nos citados centros, terá prioridade para a admisión neles.
-
O alumnado que teña previsto escolarizarse no vindeiro curso escolar nun destes dous centros debe facer a RESERVA DE PRAZA no CPI Fonte Díaz. Para iso debe entregar, antes do 15 de febreiro, o impreso ED550A que se adxunta debidamente cuberto, ou ben facer a solicitude a través do enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado. O día 28 de febreiro publicaráse a adxudicación definiva.
-
O alumnado que teña previsto escolarizarse nun centro distinto a estes dous debe facer a solicitude de ADMISIÓN no centro escollido do 1 ao 20 de marzo, entregando o impreso ED550B que estará dispoñible na secretaría, na páxina web ou poderá ser tamén cuberto online a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Circular Informativa nº1 curso 2016/2017
CIRCULAR INFORMATIVA Nº1 (horarios, asistencia, reunións coas familias, transporte, avaliacións, comedor, biblioteca...)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »