Saltar navegación.
Inicio

Circulares informativas

FESTA FIN DE CURSO. ANPA A SANTAIA

Despois do paro motivado pola Covid- 19 a ANPA A Santaia retoma o costume de despedir o curso escolar cun acto festivo. O domingo 18 de xuño, a partir das 11:00 horas, os alumnos e alumnas participantes nas actividades extraescolares organizadas durante o presente curso escolar realizarán unhas exhibicións diante das familias.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022 - 2023

As listaxes DEFINITIVAS de alumnado admitido para o curso 2022 - 2023 están expostas no taboleiro da entrada do centro.

Todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022 - 2023

As listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2022 - 2023 están expostas no taboleiro da entrada do centro. Todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio

CIRCULAR FAMILIAS INICIO DO CURSO 2021 - 2022

No seguinte documento recóllese información relativa a organización e funcionamento do centro para o curso actual.

Calendario exames setembro ESO

Nas seguintes ligazóns poden consultar os días e horas nas que terán lugar os exames da convocatoria extraordinaria de setembro (no mesmo día do exames hai que devolver os libros de fondolibros correspondentes).

 - Calendario global

- Calendario por cursos

Libros de texto curso 2021-2022

Nas ligazóns que seguen poden descargar as listaxes de libros de texto para o curso 2021-2022. Tamén as poden recoller en papel no centro.

EDUCACIÓN SECUNDARIA. MATRÍCULA E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO. CURSO 21/22

 NOTAS CURSO 20/21

Entrega de notas: Día 25 de xuño ás 11 h (tamén se publican en Abalar).

Reclamacións: días 28 e 29 de xuño.

DEVOLUCIÓN LIBROS TEXTO FONDO SOLIDARIO

En xuño hai que devolver os libros de texto de todas as materias aprobadas en xuño (lembrar devolver todos os volumes, no caso de materias separadas por trimestres).

Os libros das materias suspensas para setembro devólvense unha vez feitos os exames.

As DATAS DE DEVOLUCIÓN DE LIBROS son:

En xuño:          1º e 3º ESO (cursos actuais): día 25 de xuño en horario de 9:45 a 13h

2º e 4º ESO (cursos actuais): día 28 de xuño de 9:45 a 13 h

En setembro: os mesmos días que teñan lugar os exames correspondentes.

MATRÍCULA CURSO 21/22

TODO O ALUMNADO de ESO (aprobado ou suspenso) terá que formalizar matrícula agora en xuño, sempre para o curso seguinte ao que está cursando; no caso de que na avaliación de setembro se decidise que algún alumno/a tivese que repetir entregaráselle xunto co boletín de notas un novo impreso para modificar o entregado agora.

Os sobres de matrícula daranse ao alumnado na última semana do curso e hai que entregalos en secretaría nas SEGUINTES DATAS (no caso de varios irmáns pódense entregar no mesmo día).

1º ESO (curso actual, matrícula para 2º): Día 25 de xuño de 9:45 a 13h.

2º ESO (curso actual, matrícula para 3º): Día 29 de xuño de 9:45 a 13h.

3º ESO (curso actual, matrícula para 4º): Día 30 de xuño de 9:45 a 13h.

RESOLUCIÓN FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 21/22

Día 9 de xullo: publicación no colexio das listaxes provisionais de admitidos/as

Días 12 e 13 de xullo: presentación de reclamacións.

Día 15 de setembro: publicación da adxudicación definitiva.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

Aberto o prazo para solicitar o Fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e material escolar para o curso 2021/2022.

 As axudas asignaranse en función da renda per cápita correspondente ao exercicio fiscal 2019, que debe ser igual ou inferior a 10.000 €, sendo requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto do ano 2020/2021 (enviarase unha circular posterior cos días de recollida de libros).

  • Fondo solidario de libros de texto: para 3º e 4º de Ed. Primaria (5º e 6º  están excluídos por ser cursos Edixgal) e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria.
  • Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Ed. Primaria
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Ed. Primaria, Ed. Secundaria  e Ed. Especial. Renda per cápita inferior ou igual a 6000 €

A solicitude, unha por familia, poderá realizarse no centro  (especificamos quendas) e tamén de maneira telemática accedendo á aplicación Fondo Libros e través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño. Debido ás circunstancias actuais motivadas polo COVID-19, establecemos unhas quendas para a entrega de documentación no centro en horario de 10 a 13 horas:

  • Desde o día 25 de maio ata o 31 de maio: 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
  • Desde o día 1 de xuño ata o 07 de xuño: 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
  • Desde o día 8 de xuño ata o 14 de xuño: 1º e 2º da ESO
  • Desde o día 15 de xuño ata o 21 de xuño: 3º e 4º da ESO

As familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro poden escoller a quenda que lles resulte máis adecuada para tramitar a solicitude.

Documentación a presentar:

  • Anexos I e II. Descargar aquí ou recoller no centro.
  • Libro de familia (orixinal e copia) sempre que autoricen a consulta telemática de datos. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Outra documentación, se procede:
    • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica
    • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
    • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
    • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en
      situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

Poden consultar a información completa na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

Distribuir contido