Circulares informativas
Recollida libros de texto. Fondo Solidario
Estimadas familias:
Informamos que os próximos días 15 e 18 de xuño levaremos a cabo a recollida dos libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria recibidos do fondo solidario no curso 2017 / 2018.
Cada alumno e alumna entregaralle os libros ao seu Titor ou Titora quen se encargará de rexistrar a súa devolución. Pregámoslle que poñan especial coidado sobre todo naqueles libros que teñen 3 volúmenes, un para cada trimestre, posto que a falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario para o vindeiro curso 2018/19.
A resolución da convocatoria para o próximo curso será:
- Día 9 de xullo: publicación das listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario (3º, 4º, 5º, 6).
- Días 10 e 11 de xullo: presentación de reclamacións.
- Día 13 de xullo: publicación da listaxe definitiva.
- Día 6 e 7 de setembro entrega de libros no Centro en horario de 10:00 a 13:00.
Recollida libros Ampa
21 de Xuño de 12:00 - 13:00
25 de Xuño de 10:30-11:30 e de 17:30 - 18:30
Entrega libros do curso 2018/2019, SÓ PRIMARIA:
24 de Xullo de 17:30 - 18:30
OS DA ESO ENTREGANSE EN SETEMBRO
Voluntariado de lectura - A
O noso CPI Fonte-Díaz foi un dos dez Centros seleccionados, dun total de 70 participantes, no PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DE LECTURA A, pola calidade das actividades recollidas na memoria presentada. Por este motivo a Asesoría de Bibliotecas organiza un obradoiro específico de "Book trailers" destinado ao alumnado de 6º que se realizará o dia 8 de xuño no Centro.
Convivencia e comunicación en entornos dixitais (familias)
O xoves 24 de maio as familias poderán asistir a partir das 16:15, á charla no Centro sobre Convivencia e comunicación en entornos dixitais.
Avaliación final 6º Primaria e 4º ESO
O pasado luns 30 de abril recibimos un correo electrónico do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo da Consellería de Educación no que se nos informaba que o noso centro resultou seleccionado como centro participante na avaliación final de 6º de Educación Primaria e tamén na avaliación final de Educación Secundaria no presente curso 2017/2018.
Esta avaliación, comunmente chamada reválida, ten carácter mostral e informativo polo que non terá influencia no expediente do alumnado.
As probas celebraranse os días 29 e 30 de maio de 2018 no propio centro.
Máis información para Primaria na resolución do 11 de abril de 2018 (DOG do 26 de abril
Máis información para ESO na resolución do 12 de abril de 2018 (DOG do 26 de abril)
Avaliación individualizada 3º curso
Informamos que os vindeiros 23 e 24 de maio se realizará a avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria, que terá carácter infomativo e orientador e avaliará a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática. Teñen máis información no DOG de 26 de abril.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »