Circulares informativas
INFORMACIÓN FONDO SOLIDARIO LIBROS PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA
A resolución da convocatoria do FONDO SOLIDARIO de libros de texto para Educación SECUNDARIA será:
- Día 11 de xullo: publicación das listaxes provisionais de admitidos/as.
- Días 12 e 13 de xullo: presentación de reclamacións.
- Día 18 de xullo: publicación da listaxe definitiva de admitidos/as.
Día 6 de setembro (de 12.30 a 14.30h.) e 7 de setembro (de 10 a 13h) : recollida de libros para o alumnado que se examine en setembro.
- Día 13 de setembro : publicación da adxudicación definitiva.
Día 15 de setembro: Comezo das clases e entrega de libros ao alumnado.
Para a recollida de vales de material, consultar no colexio a principios de xullo.
INFORMACIÓN RECOLLIDA LIBROS E FONDO SOLIDARIO EDUCACIÓN PRIMARIA
Estimadas familias:
Informámoslles que os próximos días 19 e 20 de xuño levaremos a cabo a recollida dos libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria recibidos do fondo solidario no curso 2016 / 2017.
Cada alumno e alumna entregaralle os libros ao seu Titor ou Titora quen se encargará de rexistrar a súa devolución.
Pregámoslle que poñan especial coidado sobre todo naqueles libros que teñen 3 volúmenes, un para cada trimestre, posto que afalta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18.
A resolución da convocatoria para o próximo curso será:
- Día 11 de xullo: publicación das listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario (3º, 4º, 5º, 6).
- Día 12 e 13 de xullo: presentación de reclamacións.
- Día 18 de xullo: publicación da listaxe definitiva.
- Día 4 e 5 de setembro entrega de libros no Centro en horario de 10:00 a 14:00.
Para a recollida dos vales para adquirir os libros de texto de 1º e 2º de primaria e os vales de material, consultar no colexio a principios de xullo.
LIBROS ANPA RECOLLIDA E ENTREGA.
LIBROS DA ANPA
- Datas recollida de libros do curso 2016/2017
23 de xuño de 12:00 - 13:00
27 de xuño de 12:00 - 13:00 e de 17:00 - 18:00
- Entrega libros do curso 2017/2018, SÓ PRIMARIA, OS DA ESO ENTRÉGANSE EN SETEMBRO.
27 de xullo de 17:00 - 18:00
A Presidenta da Anpa.
Información Folga Transporte Escolar
Prezadas familias:
Os días 20 e 21 de xuño está convocada unha folga xeral de carácter indefinido no sector de transporte de viaxeiros por estrada (martes e mércores de cada semana).
O transporte escolar ten a consideración de servizo mínimo de obrigado cumprimento polo que non debería influír no noso alumnado. De todas formas, non se descarta a posibilidade de que haxa algún problema ca saída dos autobuses dos garaxes, retardando a recollida do alumnado nas paradas, obrigando a facer algún cambio ou impedindo a realización dalgunha das rutas.
Desde a secretaría técnica da Consellería pídennos que comuniquemos esta circunstancia para ocasionarlles as menores molestias posibles. Para máis información, poden consultar a propia páxina páxina da Consellería.
Invitación Festival Anpa
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos teñen o gusto de invitalos ao Festival de Fin de Curso que se celebrará o vindeirodomingo 11 de Xuño, cas seguintes actividades:
11:00 Representación teatral a cargo do grupo de Teatro do colexio (Sala de Audiovisuais).
11:45 Exhibición do grupo de atletismo ( Polideportivo).
12:15 Exhibición dos grupos de baile e patinaxe (Polideportivo).
13:15 Actuación da Banda Municipal de Touro.
13:30 Degustación de pratos elaborados polos grupos de minichefs (Patio Cuberto) .
Ao rematar as actividades desfrutaremos duns pinchos para todos os presentes.
DURANTE TODA A MAÑÁ PASARANSE VIDEOS DAS ACTIVIDADES CELEBRADAS NO PRESENTE CURSO.
ESTE ANO NON HABERÁ SERVICIO DE AUTOBÚS
CONVITE PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, VECIÑOS E INTERESADOS.
Con motivo da celebración no noso Centro do ano de Isaac Díaz Pardo convidamos a toda a Comunidade Educativa, veciños e persoas interesadas a visitala con entrada libre do 22 de maio ao 9 de xuño en horario de 10:00 a 16:00.
O martes 30 de maio ás 11:45 poderán desfrutar dunha visita guiada polo profesor do centro Daniel Asorey.
AVALIACION INDIVIDUALIZADA 3º CURSO ED. PRIMARIA
Estimadas familias:
Informamos que os vindeiros días 30 e 31 de maio realizarase a avaliación individualizada de 3º curso de educación primaria que terá carácter informativo e orientador e avaliará a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática. Estas probas aplicaranse a todo o alumnado que asista ao centro ese día.Teñen máis información no DOG do 5 de maio do 2017.
URXENTE!!! Suspensión de transporte escolar por alerta laranxa.
Tal e como informamos na circular repartida ao alumnado, foinos comunicado desde a Xefatura Territorial de Educación a suspensión do transporte escolar por alerta laranxa de neve entre as 12 horas do día 22 e as 12 horas do día 23 de marzo que afectará ás zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña (na que se sitúa o Concello de Touro). Para aclarar un pouco máis, agora mesmo, a situación é a seguinte:
-
Non se suspenden as clases nin o mércores 22 nin o xoves 23.
-
O mércores día 22: O transporte escolar recollerá ao alumnado nas paradas no horario habitual e levarao ao centro, pero non o devolverá ás casas á saída de clase. As familias deciden a asistencia ou non a clase dos seus fillos e fillas, pero se asisten teñen que pasar a recollelos no centro á saída da escola.
-
Xoves día 23: O servizo de transporte non recollerá ao alumnado nas paradas para levalo ao centro , pero si o devolverá ás súas casas , unha vez que rematen as clases, a todo o alumnado que asista ao centro.
-
Suspéndense as actividades no exterior das instalacións dos centros escolares durante o período de alerta.
Para máis información poden consultar no portal educativo da consellería premendo aquí.
Se houbese algunha outra novidade comunicarémola por este medio.
O equipo directivo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »