Circulares informativas
Circular informativa de fin de curso
Circular informativa de fin de curso.
Horario e actividades do mes de xuño:
-
Tal e como se informou en circular anterior, mantense o mesmo horario do resto do curso.
-
Día 9 de xuño, domingo: Festival de fin de curso da ANPA.
-
21 xuño, venres: Último día de curso. Entrega notas en Educación Infantil e Primaria. As clases rematan ás 13:00, hora á que tamén sairán do centro os autobuses de transporte escolar.
-
26 xuño, mércores: Entrega de notas de secundaria ás 11:00 horas. Non hai transporte.
Matrícula:
Só é preciso matricular os alumnos ou alumnas novos/as no colexio e os que cursen Educación secundaria. As datas de matrícula son:
-
Alumnado de Infantil e Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
-
Alumnado de Secundaria:
-
Co curso aprobado en xuño: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
-
Con materias pendentes para setembro: Ata o 10 de setembro.
-
Para a formalización da matrícula, débese cubrir e asinar o impreso que será facilitado na secretaría e que tamén se poderá descargar na páxina web do centro.(Ao alumnado do centro que se matricule en secundaria, facilitarémoslle un sobre con toda a documentación).
Os usuarios de comedor deberán tamén entregar o impreso Anexo II:modelo de autodeclaración e especificacións, a fin de calcular a cantidade a aboar por día de servizo. Este impreso tamén se enviará ás familias en canto nos chegue da Consellería.
Libros de texto:
Lembramos que as familias que foron beneficiarias do fondo solidario no curso 2018/2019 deberán devolver ao centro estes libros.
A falta de devolución, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.
Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria.
A información completa pódese consultar na páxina web do centro.
Datas e procedemento de devolución dos libros de texto por parte das familias:
A recollida dos libros en E. Primaria realizarase na propia aula por parte dos titores e en secundaria os libros entregaranse en secretaría. As datas de devolución comunicarémolas en circular que enviaremos proximamente.
Libros biblioteca:
A data máxima de devolución dos libros da biblioteca que o alumnado ten en concepto de préstamo será o venres 21 de xuño. Xuntamos circular informativa da biblioteca sobre os préstamos para o verán.
Fondo solidario de libros de texto, axudas libros de texto e material escolar.
As axudas asignaranse en función da renda per cápita familiar correspondente ao ano 2017, que debe ser igual ou inferior a 9000€, sendo requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto do ano 2018/2019 (enviarase unha circular posterior cos días de recollida de libros).
-
Fondo solidario de libros de texto: para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria.
-
Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Ed. Primaria.
-
Axudas para adquirir material escolar: de 1º de E. Primaria a 4º da ESO. Renda per cápita inferior ou igual a 5400 €.
A solicitude, unha por familia, poderá realizarse no centro e tamén de maneira telemática, accedendo á aplicación de acceso: https://www.edu.xunta.es/fondolibros.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 21 de maio ata o 21 de xuño de 2019
Documentación a presentar: Impresos Anexo I e II (que xuntamos) e libro de familia (orixinal e copia) sempre que autoricen a consulta telemática de datos.
Para máis información poden consultar a orde na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0534-060519-0006_gl.html
RESOLUCIÓN CONVOCATORIA LIBROS DE TEXTO PARA PRIMARIA
-
Día 9 de xullo: publicación (no colexio e na páxina web) das listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario.
-
Días 11 e 12 de xullo: presentación de reclamacións.
-
Día 15 de xullo: publicación das listaxes definitiva
- Día 4 e 5 de setembro entrega de libros no Centro en horario de 10:00 a 13:00
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO. EDUCACIÓN SECUNDARIA
- Lembrade que o alumnado só ten que devolver os libros das materias aprobadas en xuño; os libros das materias suspensas serán entregados despois dos exames de setembro.
- É moi importante entregar todos os libros no caso das materias separadas por trimestres.
- A devolución terá lugar nas seguintes datas e horas:
- Días 21 e 26 de xuño de 9:45 a 13:25
- Días 2, 3 e 4 de setembro de 9:45 a 13:25
- Resolución da convocatoria para o vindeiro curso:
- Día 9 de xullo: publicación (no colexio e na páxina web) das listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario.
-
Días 11 e 12 de xullo: presentación de reclamacións.
-
Día 13 de setembro: publicación das listaxes definitivas.
A entrega de libros que lle corresponden a cada alumno/a será a partir do día 16 de setembro, data na que comenzará o curso 19/20.
Horario mes de xuño
Cambio horario no mes de xuño do presente curso.
Prezadas familias.
Comunicamos pola presente unha modificación do horario escolar do centro que afecta ao próximo mes de Xuño. Tal e como foi aprobado en Claustro de Profesorado e en Consello Escolar, solicitouse á Xefatura Territorial non facer a xornada reducida de verán no mes de xuño de 2019 e continuar co horario habitual de todo o ano.
O venres día 21 de xuño, as clases rematarán para todos os niveis ás 13:00 horas, sendo tamén ese a hora de saída dos autobuses.
Este cambio afecta exclusivamente ao mes de xuño deste curso, o que se comunica para os efectos oportunos.
Eleccións membros Consello Escolar
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Convocatoria de nais/pais e titores legais:
Seguro escolar obrigatorio
Na páxina web da seguridade social, podedes encotrar información das coberturas do seguro escolar obrigatorio.
Acceso á web da seguridade social.
Reunión de inicio de curso de pais e nais coas titoras de Educación Secundaria
Lembramos que, tal e como se informaba na circular anterior, a reunión de inicio de curso de nais e pais coas titoras de alumnado de Ed. Secundaria, será o mércores día tres de outubro ás 16:05 horas na sala de audiovisuais do centro
LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE PRIMARIA 18-19
LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE PRIMARIA 18-19.
A entrega de libros terá lugar os días 6 e 7 de setembro en horario de 10:00 a 13:00
LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS DA ESO. CURSO 18-19
Publicada a adxudicación provisional do Fondo Libros da ESO.
A listaxe definitiva non se publicará ata o día 14 de setembro, unha vez rematados os exames da convocatoria extraordinaria e rexistrada a matrícula o alumno/a (do 6 ao 10 de setembro)
Para calquera dúbida ou consulta poden chamar ao colexio ou consultalo na páxina web www.edu.xunta.es/fondolibros/
Tamén poden recoller na secretaría do colexio os cheques de material adxudicados.
LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS DE PRIMARIA. CURSO 18 - 19
Publicada a adxudicación provisional do Fondo de Libros de Primaria.
Para calquera dúbida ou consulta poden chamar ao colexio ou consultalo na páxina web www.edu.xunta.es/fondolibros.
Tamén poden coller na secretaría do colexio os cheques de libros de 1º e 2º de primaria e cheques de material adxudicados.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »