Circulares informativas
Dona Meca ordena (entroido)
A semanado 5 ao 9 de febreiro empezaremos coa celebración do Entroido. Temos na entrada do colexio a figura do Meco, que nós imos chamar Dona Meca, e que nos dará indicacións que como vir vestidos cada día da semana.Pedimos que na medida do posible as rapazas e rapaces veñan ao centro vestidos segundo ordene Dona Meca.
DONA MECA ORDENA. O LUNS: “A SEMANA EMPEZA... CON ALGO NA CABEZA ( pucho, gorro, sombreiro, lazos, perruca, pano...)
O MARTES: “XA QUE ESTAMOS A XOGAR... ALGO NA CARA IMOS LEVAR. (anteollos, bigote, barba, algo pintado, ...)
O MÉRCORES: “ESTE DÍA Á ESCOLA VÉS... CUNHA PRENDA DO REVÉS”
O XOVES: “E... PARA REMATAR A SEMANA... IMOS Á ESCOLA EN PIXAMA”.
Iremos engadindo á vestimenta do día o mandato para o día seguinte de tal xeito que o xoves traeremos: algo na cabeza, algo na cara, unha prenda do revés e o pixama. Finalmente o venres celebraremos o Entroido no noso Colexio coa temática: “Os sentidos”.
|
Froita fresca no recreo
O Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería de medio rural distribuirá froita no noso Centro, a través do noso provedor.
Servirase froita fresca no recreo a todo o alumnado do Centro, en periodos de dez días lectivos consecutivos:
- Do 22 de xaneiro ao 2 de febreiro
- Do 21 de maio oa 1 de xuño.
Enquisa English Week 2017
Achegamos a ligazón para que as familias do alumnado participante na actividade de inmersión lingüística “English Week” 2017 que foi concedida ao Centro cumprimenten a enquisa de satisfacción:
Data límite para cubrir a enquisa: venres 19 de xaneiro de 2018.
Calendario de exames de setembro
As datas e horas nas que terán lugar os exames de setembro recóllense no seguinte enlace:
SAMAGOSTO 2017
"Un ano máis, as nais e os pais fixéronnos un fermoso galano. Tiña o agasallo a forma de doces que compartiron as nenas e os nenos. Con todo, detrás desas deliciosas larpeiradas, hai moito tempo e traballo dedicado ao ben común, ao que é de todas e todos, á nosa escola. Grazas a todas e a todos os que fixestes posible que inzasen as castañas no noso patio ou que medrasen os doces nos sorrisos do alumnado." (Daniel Asorey)
Información relativa á English Week
O 16/10/2017 a Consellería de Educación remitenos a seguinte información:
Inmersion Lingüística outubro 2017
O CPI Fonte-Díaz foi seleccionado para participar na English Week, actividade de inmersión lingüística en lingua Inglesa que organiza a Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria.
O alumnado de 6º de Educación Primaria disfrutará dunha semana de convivencia con actividades de carácter cultural impartidas por monitores e profesorado nativo.
Recollida dos vales para libros e material
Están dispoñibles para a súa recollida no Centro os vales para a adquisición de libros para os cursos de 1º e 2º de Primaria e os vales para a adquisición de material para todos os cursos.
Do 3 ao 13 de xullo o Centro permanecerá aberto de 10:00 a 13:30. A partir desa data estará aberto os martes co mesmo horario.
Para calquera urxencia chamar ao telf. 717715294
COMUNICADO DE PRENSA
O Claustro de profesores, o Consello Escolar, e a ANPA do CPI Fonte Díaz de Touro, queren manifestar o seu rexeitamento á forma de proceder da Consellería de Educación ao adoptar de forma unilateral o peche e traslado de ensinanzas de varios centros educativos, O CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, o CPI Monte Caxado en As Pontes, o CPI da Ribeira en Porriño e o CEIP Emilio Navasqüés de Outes, mostrando unha falta de respecto e consideración á comunidade educativa deses centros: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente.
Desde a comunidade educativa de Fonte Díaz entendemos que calquera decisión deste tipo debe ser informada e negociada cos representantes do profesorado e demais traballadores dos centros e cos representantes de pais e nais do alumnado.
Queremos mostrar a nosa solidariedade e apoio á comunidade educativa destes centros e desexar que a problemática se resolva da mellor maneira posible.
CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO
No seguinte enlace figura o calendario de exames para o mes de setembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »