PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
PRAZO: Do 1 ao 21 de marzo.
Nota Informativa ADMISIÓN 2022 - 2023.
Ligazón á aplicación admisionalumnado
Normativa de referencia:
- Novo DECRETO 13/2022 (03/02/2022) que regula a admisión.
- Orde de admisión 12/03/2013
- Orde 25/01/2017 (Modific. Orde 12/03/2013)
- Orde do 18/12/2020 que modifica a Orde do 12/03/2013
- Instrucións Dirección Xeral
Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria e Secundaria
O pasado venres 12 de novembro, publicouse no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.
O alumnado destinatario será:
- Alumnado matriculado en educación primaria ou secundaria que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2021/22(vale de 50€) (NON TEN QUE FACER NINGUNHA SOLICITUDE).
- Alumnado matriculado en educación primaria e secundaria que non fose beneficiario da dita axuda pero que cumpra algunha das seguintes condicións (nestes casos terá que presentar solicitude):
- Pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (tense en conta o exercicio fiscal 2019)
- Estea matriculado/a en educación especial,
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%
A solicitude será única para todos os fillos/as que estean no mesmo centro docente e deberá entregarse presencialmente no colexio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no DOG (do 15 ao 26 de novembro) xunto coa documentación que se sinala na Orde.
ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2021
Ao longo do mes de novembro terá lugar a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares (renovación correspondente a 2020, aprazada no seu momento debido á situación de pandemia).
Nesta páxina poderanse consultar os distintos documentos que se vaian publicando: o calendario, as convocatorias e os impresos para a presentación de candidaturas, actas,...
Os censos de electores estarán expostos nos taboleiros do centro para a súa comprobación desde o día 3. O prazo para reclamacións aos censos remata o día 15 de novembro.
DOCUMENTOS
Eleccións dos membros do Consello Escolar
Sorteo e constitución da Xunta Electoral
Calendario Electoral Consello Escolar 2021
Modelos de presentación de candidaturas.
CIRCULAR FAMILIAS INICIO DO CURSO 2021 - 2022
No seguinte documento recóllese información relativa a organización e funcionamento do centro para o curso actual.
Prazo para inscribirse como colaboradoras/es de comedor
Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores/as de comedor para o próximo curso 2021/2022.
SOLICITUDE DE COMEDOR PARA O CURSO 2021/2022
Están publicadas as instruccións de comedores escolares para o curso 2021/2022. Poden acceder a elas premendo aquí
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »