Calendario exames setembro ESO
Nas seguintes ligazóns poden consultar os días e horas nas que terán lugar os exames da convocatoria extraordinaria de setembro (no mesmo día do exames hai que devolver os libros de fondolibros correspondentes).
Libros de texto curso 2021-2022
Nas ligazóns que seguen poden descargar as listaxes de libros de texto para o curso 2021-2022. Tamén as poden recoller en papel no centro.
EDUCACIÓN SECUNDARIA. MATRÍCULA E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO. CURSO 21/22
NOTAS CURSO 20/21
Entrega de notas: Día 25 de xuño ás 11 h (tamén se publican en Abalar).
Reclamacións: días 28 e 29 de xuño.
DEVOLUCIÓN LIBROS TEXTO FONDO SOLIDARIO
En xuño hai que devolver os libros de texto de todas as materias aprobadas en xuño (lembrar devolver todos os volumes, no caso de materias separadas por trimestres).
Os libros das materias suspensas para setembro devólvense unha vez feitos os exames.
As DATAS DE DEVOLUCIÓN DE LIBROS son:
En xuño: 1º e 3º ESO (cursos actuais): día 25 de xuño en horario de 9:45 a 13h
2º e 4º ESO (cursos actuais): día 28 de xuño de 9:45 a 13 h
En setembro: os mesmos días que teñan lugar os exames correspondentes.
MATRÍCULA CURSO 21/22
TODO O ALUMNADO de ESO (aprobado ou suspenso) terá que formalizar matrícula agora en xuño, sempre para o curso seguinte ao que está cursando; no caso de que na avaliación de setembro se decidise que algún alumno/a tivese que repetir entregaráselle xunto co boletín de notas un novo impreso para modificar o entregado agora.
Os sobres de matrícula daranse ao alumnado na última semana do curso e hai que entregalos en secretaría nas SEGUINTES DATAS (no caso de varios irmáns pódense entregar no mesmo día).
1º ESO (curso actual, matrícula para 2º): Día 25 de xuño de 9:45 a 13h.
2º ESO (curso actual, matrícula para 3º): Día 29 de xuño de 9:45 a 13h.
3º ESO (curso actual, matrícula para 4º): Día 30 de xuño de 9:45 a 13h.
RESOLUCIÓN FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 21/22
Día 9 de xullo: publicación no colexio das listaxes provisionais de admitidos/as
Días 12 e 13 de xullo: presentación de reclamacións.
Día 15 de setembro: publicación da adxudicación definitiva.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022
Aberto o prazo para solicitar o Fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e material escolar para o curso 2021/2022.
As axudas asignaranse en función da renda per cápita correspondente ao exercicio fiscal 2019, que debe ser igual ou inferior a 10.000 €, sendo requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto do ano 2020/2021 (enviarase unha circular posterior cos días de recollida de libros).
- Fondo solidario de libros de texto: para 3º e 4º de Ed. Primaria (5º e 6º están excluídos por ser cursos Edixgal) e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria.
- Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Ed. Primaria
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Ed. Primaria, Ed. Secundaria e Ed. Especial. Renda per cápita inferior ou igual a 6000 €
A solicitude, unha por familia, poderá realizarse no centro (especificamos quendas) e tamén de maneira telemática accedendo á aplicación Fondo Libros e través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño. Debido ás circunstancias actuais motivadas polo COVID-19, establecemos unhas quendas para a entrega de documentación no centro en horario de 10 a 13 horas:
- Desde o día 25 de maio ata o 31 de maio: 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
- Desde o día 1 de xuño ata o 07 de xuño: 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
- Desde o día 8 de xuño ata o 14 de xuño: 1º e 2º da ESO
- Desde o día 15 de xuño ata o 21 de xuño: 3º e 4º da ESO
As familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro poden escoller a quenda que lles resulte máis adecuada para tramitar a solicitude.
Documentación a presentar:
- Anexos I e II. Descargar aquí ou recoller no centro.
- Libro de familia (orixinal e copia) sempre que autoricen a consulta telemática de datos. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Outra documentación, se procede:
- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en
situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. - Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.
Poden consultar a información completa na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Proceso de admisión de novo alumnado no centro para o curso 2021-2022
Ábrese o proceso de admisión para novo alumnado no centro no curso 21-22
Prazo: Presentará a solicitude de admisión o alumnado de novo ingreso que queira solicitar praza neste centro. A solicitude será única e o prazo de presentación será do 1 ao 22 de marzo.
Presentación de solicitudes:
1.- De forma electrónica:
- As solicitudes de admisión cúbrense mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e entrégase no centro.
- Pódese cubrir na aplicación anterior e presentala en SEDE ELECTRÓNICA.
2.- De forma presencial: na secretaría do centro indicado como primeira opción.
Documentación a entregar:
- Solicitude de admisión: formulario normalizado (ED550B) dispoñible na secretaría do centro, na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web do centro.
- Fotocopia do libro de familia onde figure o alumno/a.
- D.N.I da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a consulta telemática de datos.
- Certificado de empadroamento no caso de solicitar servizos complementarios.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.
- No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio, documentación que acredite as circunstancias alegadas.
A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
No suposto de alumnado afectado por violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.
Publicación de admitidos/as:
- Listaxe provisional de admitidos e non admitidos: publicarase unica e exclusivamente no taboleiro do interior do centro e tamén a través da aplicación admisionalumnado, antes do 26 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
- Listaxe definitiva: 18 de maio.
Premio para a aula de 6º de Educación Infantil
A aula de sexto de Educación Infantil do noso centro, capitaneada pola súa profesora, Rocío, ven de gañar o primeiro premio na súa categoría do concurso Olla a Palabra do Día organizado polo Portal das palabras.
Olla aquí o fallo dos premios no portal da lingua
E aquí as palabras e os debuxos cos que ilustraron a semana do Samaín.
Noraboa a Rocío e á súa aula de grandes artistas!!
Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria e Secundaria
O pasado venres 13 de novembro, publicouse no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.
O alumnado destinatario será:
- Alumnado matriculado en educación primaria ou secundaria que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2020/21 (vale de 50€) (NON TEN QUE FACER NINGUNHA SOLICITUDE).
- Alumnado matriculado en educación primaria que non fose beneficiario da dita axuda pero que cumpra algunha das seguintes condicións (nestes casos terá que presentar solicitude):
- Pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (tense en conta o exercicio fiscal 2018)
- Estea matriculado/a en educación especial,
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%
A solicitude será única para todos os fillos/as que estean no mesmo centro docente e deberá entregarse presencialmente no colexio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no DOG (do 16 ao 27 de novembro) xunto coa documentación que se sinala na Orde.
EDUCACIÓN SECUNDARIA. INICIO CURSO E REUNIÓNS COAS FAMILIAS
O INICIO das actividades lectivas na ESO para o curso 20/21 adíase nunha semana con respecto ao publicado na resolución do 1 de setembro de 2020 da que dabamos conta na semana pasada. Así o comezo das clases terá lugar nas seguintes datas:
23 de setembro, mércores: 1º e 2º ESO
24 de setembro, xoves: 3º ESO
25 de setembro, venres: 4º ESO
Asimesmo manteñense as REUNIÓNS COAS FAMILIAS tal e como estaban previstas e se informou a través de Abalar:
15 de setembro, martes ás 11h: 1º ESO
15 de setembro, martes, ás 16:10h : 2º ESO
16 de setembro, mércores, ás 16:10h: 3º e 4º ESO
PUBLICACIÓN LISTAXES DE FONDOLIBROS DE SECUNDARIA
Están publicadas no taboleiro de entrada do colexio as listaxes de adxudicación de libros de E. Secundaria.
Lembramos tamén que poden recoller os vales de material en secretaría.
Os libros entregaranse ao alumnado o primeiro día de clase.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »