Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria e Secundaria
O pasado venres 13 de novembro, publicouse no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.
O alumnado destinatario será:
- Alumnado matriculado en educación primaria ou secundaria que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2020/21 (vale de 50€) (NON TEN QUE FACER NINGUNHA SOLICITUDE).
- Alumnado matriculado en educación primaria que non fose beneficiario da dita axuda pero que cumpra algunha das seguintes condicións (nestes casos terá que presentar solicitude):
- Pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (tense en conta o exercicio fiscal 2018)
- Estea matriculado/a en educación especial,
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%
A solicitude será única para todos os fillos/as que estean no mesmo centro docente e deberá entregarse presencialmente no colexio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no DOG (do 16 ao 27 de novembro) xunto coa documentación que se sinala na Orde.