Saltar navegación.
Inicio

LISTAXES DE LIBROS DE TEXTO DE INFANTIL, PRIMARIA E ESO

Ligazóns ás listaxes de libros de texto de Ed. Infantil, Primaria e Secundaria para o curso 2022/2023.

- Libros de texto de Ed. Infantil e Primaria.

- Libros de texto de ESO.

PRAZOS DE MATRÍCULA EN ED. INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

O PRAZO DE MATRÍCULA para o alumnado que inicie estudos en ED. INFANTIL ou de nova incorporación ao centro en calquera dos cursos desta etapa, abrangue do 20 ao 30 de xuño.

O alumnado de Ed. Primaria que continúa estudos neste centro non precisa facer ningún trámite posto que ten a permanencia garantida. Só tería que matricularse aquel alumnado de nova incorporación a calquera dos cursos desta etapa. Neste último caso o prazo establecido é  tamén do 20 ao 30 de xuño.

O alumnado da etapa da ESO debe formalizar matrícula para cada un dos cursos. O prazo establecido é do 23 de xuño ao 7 de xullo

 

TÍTULOS DE GRADUADO EN ESO. CURSO 20/21

Están dipoñibles, na secretaría do centro, os TÍTULOS DA ESO do alumnado que rematou estas ensinanzas e  acadou o mencionado título no curso 2020/2021.

FESTA FIN DE CURSO. ANPA A SANTAIA

Despois do paro motivado pola Covid- 19 a ANPA A Santaia retoma o costume de despedir o curso escolar cun acto festivo. O domingo 18 de xuño, a partir das 11:00 horas, os alumnos e alumnas participantes nas actividades extraescolares organizadas durante o presente curso escolar realizarán unhas exhibicións diante das familias.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Dossier elborado polo Dpto. de Orientación con información:

- Académico-profesional.

- Técnicas de Estudio

 

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS

O prazo para efectuar a  reserva de praza o alumnado de 4º de ESO  que continúe estudos de  bacharelato no centro adscrito IES Fontiñas abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ poderán acceder á aplicación admisión alumnado.

As solicitudes (ED550A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal tal e como se sinala na O. do 21 de outubro de 2022.

Tamén se poderán presentar en formato papel no noso centro educativo, CPI Fonte Díaz.

NORMATIVA: Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o D. 13/2022 do 3 de febreiro,e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

O alumnado de infantil, primaria e secundaria actualmente matriculado no noso centro ten garantida a permanencia sen necesidade de facer trámite algún.

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022. SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na  RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Cª de Cultura Educación e Universidade  pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos  (DOG do 30-09-2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

No taboleiro da entrada do centro está exposto o censo de nais e pais para a súa consulta.
En primeiro lugar é necesario elixir as persoas que formarán a Xunta Electoral. Para tal fin mércores 02 de novembro as 12:45 na Secretaría do centro realizaremos o sorteo público para a súa constitución. Unha vez realizado o sorteo enviaranse as citacións para a constitución da Xunta Electoral. A partir de aí iremos informando das diferentes
convocatorias do proceso.

Circular do Anuncio do Sorteo da Xunta Electoral

Calendario Electoral Consello Escolar 2022.

Convocatoria Nais/Pais/Titores

Convocatoria Alumnado

Convocatoria Profesorado

Modelos de presentación de candidaturas:

- Candidatura Alumnado

- Candidatura Nais/Pais/Titores legais

- Candidatura Profesorado

Relación de Candidaturas de Nais/Pais/Titores Legais.

 

Distribuir contido