Saltar navegación.
Inicio

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS

O prazo para efectuar a  reserva de praza o alumnado de 4º de ESO  que continúe estudos de  bacharelato no centro adscrito IES Fontiñas abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ poderán acceder á aplicación admisión alumnado.

As solicitudes (ED550A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal tal e como se sinala na O. do 21 de outubro de 2022.

Tamén se poderán presentar en formato papel no noso centro educativo, CPI Fonte Díaz.

NORMATIVA: Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o D. 13/2022 do 3 de febreiro,e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

O alumnado de infantil, primaria e secundaria actualmente matriculado no noso centro ten garantida a permanencia sen necesidade de facer trámite algún.