Skip to Content

Ed. Infantil

Froitos de Outono 2017.

O alumnado de Educación Infantil leva todo o mes de outubro e novembro traballando sobre o Outono e todas as posibilidades que nos ofrece esta estación. A última destas actividades que fixeron foi unha exposición de froitos típicos de outono e despois unha merenda degustación no comedor do colexio. 

Para a merenda-degustación contamos coa axuda e colaboración dos nosos/as compañeiros/as de cuarto de primaria que lle botaron unha man ben xeitosa ás mestras para desfrutar dos riquísimos froitos que nos trouxeron as familias do alumnado.

Moitas grazas ás familias que nos axudades a facer actividades que tanto lles gustan aos nosos/as cativos/as. Aquí vos deixamos unhas imaxes da xornada que viviron os/as máis pequerrechos/as de infantil cos seus/as compañeiros/as de primaria.

    

Samaín 2017

Rematou o mes de Outubro e con el chegou outro ano máis a festa do Samaín ao noso colexio en forma de cabazas, cabaciñas e cabazóns que viñeron disfrazadas de vermes, de camións da Patrulla Canina, de fadas, de bruxas, de trasnos, demos e un longo etc. Ademáis o alumnado da sección bilingüe en lingua inglesa de terceiro de primaria tamén axudou na decoración emprestándonos os seus deseños terroríficos de gatos, bruxas e meigas.

Moitas grazas ás familias de Educación Infantil que coma sempre respostaron  moi ben ao noso chamado de colaboración e compartiron con seus/as fillos/as un tempo moi importante para eles e para todos/as nós. 

Premede nas imaxes para ver como quedou o corredor principal do colexio.

  

Saída de outono ao Río Gallo. Educación Infantil.

Este xoves 26 de outubro o alumnado de Educación Infantil fixo unha saída ao río Gallo de Cuntis como actividade de convivencia e de traballo dentro do programa dos Plans Proxecta Proxecto Ríos no que estamos a participar cos/as nosos/as compañeiros/as do colexio.

Primeiro fixemos un pequeno roteiro a pé pola beira do río, recollemos materiais para logo traballar na aula, tomamos a merenda todos/as xuntos e aínda tivemos tempo para botar unhas carreiras, xogar cos nosos/as amigos/as e desfrutar dunha xornada diferente coas nosas mestras.

As mestras sacáronnos moitas fotos e podedes botarlle un ollo premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

      

Reunión Informativa Familias de Educación Infantil

O vindeiro xoves 7 de setembro, ás 12,30 horas, terá lugar no Salón de Usos Múltiples do noso centro a Reunión de Comezo de curso para as familias do alumnado de educación Infantil na que faremos a presentación do equipo docente e daremos conta de aspectos varios de interese para a escolarización dos/as nosos/as cativos/as.

 

 

Os cativos e cativas do colexio de visita no Grove

Este martes 23 de maio o alumnado de Educación Infantil xuntos cos compañeiros e compañeiras da Escola Unitaria de Arcos de Furcos fomos de excursión de fin de curso ao Grove; divididos en catro grupos, e por turnos, primeiro fixemos unha visita guiada ao Acuario e participamos de dous obradoiros de concienciación medioambiental e coidado dos nosos mares; despois baixamos ao porto do Grove e no paseo marítimo recargamos as pilas cunha comida campestre á beiriña do mar e xogamos un cachiño nun dos parques infantís que había moi perto; e finalmente, pola tardiña, subímonos no turitren e visitamos a península do Grove e a Illa da Toxa. 

Coma sempre premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver canto aprendemos, o moito que nos divertimos e canta caloriña pasamos.

                                

                               

 

A Froita tamén é doce

O alumnado de  6º de Educación Infantil disfrutou onte coa degustación de diferentes froitas para merendar logo de divertirse  a través de xogos e dinámicas para descubrir sabores. Para esta actividade as titoras levaron aos nenos e nenas ao comedor do cole onde Julia, a Técnica de Prevención do Concello, lles preparou unha colorida merenda baixo o título A FROITA TAMÉN É DOCE!

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver a merendola preparada e papada.

                               

A Froita tamén é doce.

O alumnado de  6º de Educación Infantil disfrutou onte coa degustación de diferentes froitas para merendar logo de divertirse  a través de xogos e dinámicas para descubrir sabores. Para esta actividade as titoras levaron aos nenos e nenas ao comedor do cole onde Julia, a Técnica de Prevención do Concello, lles preparou unha colorida merenda baixo o título A FROITA TAMÉN É DOCE!

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver a merendola que prepararon e paparon.

                                

 

Gatuxo.Teatro musical para Infantil en Pontevedra.

Na mañá de hoxe o alumnado de Educación Infantil do noso centro xunto cos compañeiros/as da Escola Unitaria de Arcos de Furcos fomos de viaxe a Pontevedra a desfrutar dunha representación de teatro musical titulada GATUXO; dende a perspectiva dunha pequecha chamada Gatuxa, a súa familia e o seu inseparable amigo de trapo Gatuxo percorremos todas as etapas do crecemento dos cativos e cativas, con ela aprendemos a comer sós/as, descubrimos o sorriso, comezamos a gatear e pronunciar os primeiros sons e palabras, os primeiros pasos... e todo isto sen parar de cantar e bailar.

Sacamos unhas poucas fotos para traballar na aula e para lembrar esta mañá tan divertida que coma sempre podedes ver premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

           

Semana do libro 2017

Na semana o 18 ao 21 de abril o alumnado de Educación Infantil celebrou a Semana do Libro cunha actividade diferente: un convite ás familias dos nosos/as cativos/as para compartir con nós a lectura dun conto que lles gustara ou dunha historia que lles lembrase algo especial. 

Moitas grazas aos papás e mamás por vir contarnos as vosas historias, compartir con todos un chisquiño do voso tempo e facer desta actividade unha experiencia tan bonita para os/as vosos/as fillos/as.

Premede nestas imaxes para ver algún dos momentos que vivimos nas nosas aulas.

   

    

O sabor da aventura está no mar. Visita a Cambados

Este martes 28 de marzo, cativos e cativas de Educación Infantil fixeron unha visita didáctica á vila de Cambados organizada pola Consellaría de Medio Rural e do Mar ao abeiro do Programa do Plan Proxecta "Aliméntate Ben" no que está a participar por terceiro ano consecutivo unha parte importante do profesorado do noso centro.

Coa colaboración da Asociación das mulleres do Mar de Cambados, Guimatur, visitamos o banco natural de O Serrido para descubrir como traballan as mariscadoras e como fan a extracción e a selección do marisco no punto de control para a súa posterior venta na lonxa. No porto de Tragrove vimos os distintos tipos de embarcacións de pesca e acuicultura, as artes que empregan, as especies que se capturan e comercializan e visitamos a fábrica de xeo. Tamén nos explicaron como se fai o etiquetaxe das especies pesqueiras, como é o proceso de primeira venta na lonxa, simulamos unha poxa de peixe e na nave de redeiras vimos como as mulleres arman e reparan as redes de pesca. E para rematar, e coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, degustamos unha deliciosa merenda mariñeira a base de produtos do mar.

Coma sempre podedes botarlle un ollo ás fotos que nos sacaron as mestras premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería.

                                  

Distribuir contido


by Dr. Radut