Skip to Content

O sabor da aventura está no mar. Visita a Cambados

Este martes 28 de marzo, cativos e cativas de Educación Infantil fixeron unha visita didáctica á vila de Cambados organizada pola Consellaría de Medio Rural e do Mar ao abeiro do Programa do Plan Proxecta "Aliméntate Ben" no que está a participar por terceiro ano consecutivo unha parte importante do profesorado do noso centro.

Coa colaboración da Asociación das mulleres do Mar de Cambados, Guimatur, visitamos o banco natural de O Serrido para descubrir como traballan as mariscadoras e como fan a extracción e a selección do marisco no punto de control para a súa posterior venta na lonxa. No porto de Tragrove vimos os distintos tipos de embarcacións de pesca e acuicultura, as artes que empregan, as especies que se capturan e comercializan e visitamos a fábrica de xeo. Tamén nos explicaron como se fai o etiquetaxe das especies pesqueiras, como é o proceso de primeira venta na lonxa, simulamos unha poxa de peixe e na nave de redeiras vimos como as mulleres arman e reparan as redes de pesca. E para rematar, e coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, degustamos unha deliciosa merenda mariñeira a base de produtos do mar.

Coma sempre podedes botarlle un ollo ás fotos que nos sacaron as mestras premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería.

                                  



portada | by Dr. Radut