Skip to Content

Ed. Infantil

REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro xoves 8 de setembro, ás 12,30 horas, terá lugar no Salón de Usos Múltiples do noso centro a Reunión de Principio de curso para as familias do alumnado de Educación Infantil na que faremos a presentación do equipo docente e daremos conta de aspectos varios de interese para a escolarización dos nosos cativos e cativas.

 

Saída a Fervenzaventura

Este martes 3 de maio a rapazada de infantil do noso colexio e os compañeiros e compañeiras da escola de Arcos de Furcos fomos de aventura á granxa-escola Fervenzaventura de Silleda. Fixemos un montón de actividades e participamos en varios obradoiros nos que aprendemos moitas cousas: prantamos leitugas, fixemos boliños de pan, démoslle de comer ás ovellas, cabras, cabalos, vaquiñas e demáis animais da granxa, e moito xogamos despois de comer.

As nosas mestras sacaron unhas fotos de recordo e coma sempre podedes botarlle un ollo na nosa galería de fotos ou premendo nestas imaxes.

       

Visita ao Pazo de Oca

O martes 15 de marzo os nosos/as cativos e cativas de infantil, xuntos cos compañeiros/as da escola de Arcos de Furcos, fixemos unha visita ao Pazo de Oca, na Estrada. Andivemos polos seus fermosos xardíns, descubrimos figuras de buxo impresionantes, visitamos a súa capela e aprendemos moitas curiosidades sobre a vida dos Señores donos deste pazo medieval.

As mestras que nos acompañaron nesta visita ao pasado fixeron unhas fotos para que teñamos para sempre unha pequena lembranza deste día tan bonito, fotos que podedes ver se entrades na nosa galería de imaxes ou premedes en calquera destas que aparecen aquí.

                       

Contacontos para os mais cativos

Este venres 11 de marzo os máis cativos e cativas do noso centro desfrutaron dunha sesión de contacontos moi divertida na que non só escoitaron a historia dun lobiño peculiar que non quería ser malo coma a súa familia feroz, senón que participaron do conto disfrazándose e protagonizando varios fragmentos da historia deste "Lobo Feliz".

Coma sempre, podedes visitar a nosa galería de imaxes ou premer nalgunha destas fotografías para botar un ollo ás cariñas dos/as nosos/as rapaces/as que tan ben o pasaron.

               

REUNIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO

►  REUNIÓN INFORMATIVAALUMNADO

NOVO NO CENTRO

 

O VINDEIRO MARTES 15 DE MARZO ÁS 18:15 HORAS REUNIÓN INFORMATIVA E VISITA POLAS INSTALACIÓNS DO NOSO CENTRO.

O Apalpador e os Paxes dos Reis Magos visitan aos máis cativos

O Nadal xa case está aquí e no noso colexio sabemos que as vacacións están a piques de chegar cando recibimos a visita dos Paxes dos Reis Magos. Este ano, ademáis dos Paxes, tamén se deixou caer por aquí un personaxe ao que todos e todas queremos moito, o Apalpador. Deixáronnos as cartas para escribirlles aos Reis e un montón de caramelos para endulzármonos estes últimos días antes do merecido descanso.

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver as cariñas dos nosos cativos e cativas.

                                        

Educación Vial para os máis pequenos

 

  Este venres 4 de decembro visitou o noso centro o policía local que nos axuda   todos os días na rúa e na entrada do noso colexio. Amosounos varios contos  cos que aprendemos normas de Educación Vial e bos comportamentos coma  peóns, e contestou amablemente ás nosas preguntas.

   Moitas grazas Suso por visitarnos e compartir con nós os teus coñecementos.

Taller de Receitas cos cativos e cativas

O pasado xoves 3 de decembro os cativos e cativas de Educación Infantil, coa axuda e colaboración dos compañeiros/as de cuarto de primaria, fixemos un taller de cociña con receitas moi sinxelas inspiradas nestas datas próximas ao Nadal. Fixemos uns ricos petiscos de ratiños de queixo e uns Papá Noeles, tamén de queixo; despois uns deliciosos sandwiches de bonecos de neve e rematamos cunhas sobremesas gorentosas de froita, unha árbore de Nadal de kiwi e uvas e unhas brochetas de boneco de neve de plátano e mazá.

As mestras tiraron unhas fotiños do noso traballo dentro deste proxecto do Programa Aliméntate Ben que forma parte do Plan Proxecta no que estamos a traballar neste curso; entrade na nosa galería de fotos ou premede nestas imaxes para ver un chisquiño da elaboración e degustación do noso menú de nadal.

                                                     

EXPERIMENTOS

Rematou o noso mes da ciencia no que tamén participaron este ano os máis pequenos. Os experimentos que lles enseñaron os maiores foron sobre aire e flotación pero, ademais diso, creamos unha erupción volcánica.

   3 anos                                                              4 anos                                                           

    

  5 anos                                                              

    

    2º                                                                        Volcán                          

    

 

Aquí tedes tamén un enlace ao vídeo do volcán en acción:     Vídeo volcán

CONCERTO DIDÁCTICO : ACÁBATE LA SOPA

O martes 27 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil asistiron  ao concerto didáctico "Acábate la sopa" no Auditorio de Galicia . Ás veces non é fácil acabarse a sopa e, mentres o intentamos , a nosa imaxinación pode levarnos a outros mundos onde os personaxes aparecen en lugares inesperados e a música soa ao redor transformando a cociña nun espazo fantástico onde todo é posible.

                   

Distribuir contido


by Dr. Radut