Os cativos e cativas do noso colexio, xunto cos compañeiros/as da Escola Unitaria de Arcos de Furcos experimentaron que se sente traballando coma panadeiros/as por un día. Primeiro aprendimos e tocamos todos os ingredientes que precisamos para facer unha boa masa, despois puxemos en marcha as máquinas amasadoras e rematamos amasando os nosos propios boliños de pan fresco. Ademáis de pan tamén nos ensinaron como se facían outros alimentos ricos e doces que preparan con moito cariño, como as palmeiras, os croasáns, os ovos de Pascua e ata un castelo de chocolate puidemos ver.
Moitísimas grazas aos traballadores e traballadoras da Panadaría Cervela que tan ben nos recibiron, pola paciencia que amosaron con todos/as nós e por suposto, polos riquísimos agasallos que nos fixeron.
Coma sempre podedes botarlle un ollo ás fotos que nos tiraron as mestras desta xornada panadeira tan proveitosa premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería e fotos.