Skip to Content

Ed. Infantil

SAMAÍN 2015

Un ano máis chegou o Samaín ao noso centro e todos os nenos e nenas fixemos unha chea de actividades para coñecer, apreciar e celebrar unha festa tan nosa.

O alumnado de Infantil, coa colaboración e creatividade das súas familias, fixo a súa exposición de cabazas no corredor principal e os compañeiros e compañeiras da Sección Bilingüe de Língua Inglesa de terceiro de primaria decoraron cos seus traballos de Halloween dita exposición. 

Visitade a nosa galería de fotos ou premede nas seguintes imaxes para que vexades que ben quedou o resultado desta colaboración entre etapas e cursos.

                                                              

Saída de fin de curso no Camping Fieitás do Grove

O pasado martes 26 de maio o alumnado de Infantil do noso centro e os/as nosos/as compañeiros/as da Escola Unitaria de Arcos fixemos a saida de fin de curso ao Camping Fieitás do Grove. Tivemos un día estupendo de sol, perfecto para pasar todo o día facendo xogos e actividades na praia da Lanzada, para pasar un día moi agradable na compaña dos/as nosos/as compañeiros/as e para despedir como se merece este curso 2015 no que tanto traballamos e no que tantas cousas aprendimos coas nosas mestras.

Premede nas fotos que aparecen neste artigo ou visitade a nosa galería de fotos para que vos fagades unha pequena idea do ben que o pasamos e do cansos que chegamos á casa de tanto como disfrutamos

.  

Visita dos Paxes dos Reis Magos

O xoves 18 de decembro, xustiño antes das vacacións de Nadal, visitáronnos no colexio uns persoeiros moi esperados: Os Paxes dos Reis Magos. Os cativos e cativas de Infantil e primeiro de Primaria conversaron e fixeron as súas peticións a tan ilustres visitantes. Premede nas fotos ou visitade a nosa galería de fotos e veredes as cariñas dos nosos raparigos e raparigas.

VISITA AO RÍO GALLO

  O pasado xoves 23 de Outubro os cativos e cativas de Infantil fixeron unha   visita ao río Gallo como parte do traballo que están a desenvolver dentro do Proxecto Ríos. Antes de comezar co traballo de búsqueda e recollida de material para a aula repuxeron forzas tomando a súa merenda e xogaron un chisquiño a carón do río.

Qué ben o pasaron investigando a beira do noso río!

Podedes botarlle unha ollada ás moitas fotos que fixeron as mestras premendo nelas ou visitando a galería de fotos.

REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro luns 8 de setembro ás 12:00 horas na sala de usos múltiples do centro terá lugar a reunión informativa para

as familias do alumnado de educación infantil.

Contacontos no CPI Aurelio Marcelino

Degustación de Froitos do Outono

Durante o mes de outubro o alumnado de Educación Infantil reopilou e trouxo ao centro diversos froitos típicos do outono. Expuxéronos no seu andar e falaron sobre eles.

Uns días despois fixeron unha gran merendola na que deron boa conta destes deliciosos froitos e dos postres, que con eles, elaboraron algunhas familias.

Deixámosvos unha mostra do rico que estaba todo.

Distribuir contido


by Dr. Radut