Skip to Content

Ed. Infantil

PLAN PROXECTA. PROTEXE OS ANIMAIS: "MERRY NON É UN XOGUETE"

Aquí vos amosamos o vídeo que fixo o alumnado de 6ºB de Educación Infantil. Este stop motion chamado "Merry non é un xoguete" é para concienciar á comunidade educativa d e utlizar os animais como agasallo.

Esta actividade está enmarcada dentro do plan Proxecta: "Protexe os animais" no que está participando o alumnado de Educación Infantil do CPI.

Esperamos que vos guste.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

A continuación publicamos o período de adaptación para o alumnado de 4º de Educación Infantil.

Premede na imaxe para consultalo

 

 

CONCURSO DINOSETOJOYA

O alumnado de 4º de Educación Infantil participou no concurso "Dinosetojoya" que organiza oconceelo de Vigo coa colaboración da Escola Xoiería do Atlántico, así como a asociacióna de Xoieiros da provincia de Pontevedra.

De 1500 creacións resultaron finalistas Zoe Folla Bustelo e Laura Castro González. Esta última ademáis resultou ser gañadora, elaborándolle o seu dinosaurio en xoia. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do evento.

FIN DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL.

Como cada ano ao rematar o curso o alumnado de Educación Infantil quere mostravos un pequeno resumo do que traballaron en forma de video.

 Vídeo do alumnado de 4º EI

Vídeo do alumnado de 5ºB EI

 Vídeo do alumnado de 6º EI

 

ANDAINAS DE FIN DE CURSO

Os dous últimos días de curso o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria puideron realzair diferentes andainas por diferentes espazos do concello de Cuntis moi fermosos e moi recomendables para o seu disfrute. Estas andainas tamén participaron as familias que así o quixeron.

Agradecer a colaboracion do Concello de Cuntis, da policia Local e da Oficina de turismo e en especial do seu técnico Manuel Martínez.

 

Abaixo podedes ver imaxes das diferentes saídas.

5º e 6º de Educación Infantil. Paseo polo río Gallo.

 

1º, 2º e 3º de EP. Ruta Sebil- Vilar de Mato.

 

 

4º,5º e 6º de EP. Ruta Ponte do Ramo- Cequeril.

 

 

 

 

GUYI-GUYI (Teatro para Educación Infantil)

O mércores 24 de Abril o alumnado de Educación Infantil do CPI Aurelio Marcelino e o alumnado da EEI de Arcos de Furcos asisitiron á representación teatral Guyi- Guyi, no auditorio de A Fundación en Pontevedra.

A continuación deixámosvos unha pequena mostra da actividade.

 

 

PREPARANDO O ENTROIDO (OBRADOIRO DE FAMILIAS)

Este pasado martes 19 de Febreiro, algunhas familias do alumnado de Educación Infantil participaron nun obradoiro de confección do disfraz de Entroido.

Agradecemos de xeito moi especial a participación destas familias no obradoiro.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.

 

EDUCACIÓN INFANTIL: "BURBUJAS DE PAPEL"

O día 5 de febreiro o alumnado de Educación Infantil e o alumnado da EEI de Arcos de Furcos asistiron a representación da obra de teatro "Burbujas de papel" en Pontevedra.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL E OS DINOSAUROS

O mércores 23 de xaneiro todo o alumnado de educación Infantil do CPI, acompañado polos compañeiros/as da Escola de Educación Infantil de Arcos de Furcos, visitaron a exposición "Living dinosaurs y la Edad de Hielo" na praza de touros de Pontevedra.

Esta visita enmárcase dentro do Club de Ciencia do CPI, no que participa este alumnado. Descubriron moiiiitas cousas sobre a vida dos dinosauros e a súa extinción.

Abaixo podedes ver unha pequena mostra da visita realizada.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL

Este pasado martes 29 de maio o alumnado de Educación Infantil do noso centro xunto cos/as compañeiros/as da Escola Unitaria de Arcos de Furcos fixemos a excursión de fin de curso deste ano. Fomos ao Camping Fieitás no Grove e tivemos un día ateigado de actividades, xogamos no monte e fixemos cabanas, aprendimos moitas cancións, fomos á praia tomar un baño, desfrutamos do sol, e moitas outras cousa máis. Ademáis tomamos un bo xantar e unha merenda xeitosa para repoñer forzas porque tivemos un día moi completo.

Voltamos ao colexio moi cansados/as pero tamén cheos/as de historias e anécdotas que contar, velaquí unhas fotos...

     

    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut