Skip to Content

Saída de outono ao Río Gallo. Educación Infantil.

Este xoves 26 de outubro o alumnado de Educación Infantil fixo unha saída ao río Gallo de Cuntis como actividade de convivencia e de traballo dentro do programa dos Plans Proxecta Proxecto Ríos no que estamos a participar cos/as nosos/as compañeiros/as do colexio.

Primeiro fixemos un pequeno roteiro a pé pola beira do río, recollemos materiais para logo traballar na aula, tomamos a merenda todos/as xuntos e aínda tivemos tempo para botar unhas carreiras, xogar cos nosos/as amigos/as e desfrutar dunha xornada diferente coas nosas mestras.

As mestras sacáronnos moitas fotos e podedes botarlle un ollo premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

      



portada | by Dr. Radut