![](/centros/cpiantonioorzacouto/system/files/u67/O%20GA%C3%89LICO%20fORTE%20DE%20bOQUEIX%C3%93N%20pROCL%C3%81MASE%20SUBCAMPI%C3%93N%20DA%20EUROPEAN%20FEILE%2024..jpg)
O equipo de Fútbol Gaélico xestionado pola ANPA do noso centro vén de proclamarse subcampión na European Feile 24 que se celebrou no Centro de Negocios Montecastelo de Vigo a pasada fin de semana.
O noso equipo enfrontouse na eliminatoria de grupos contra o Bruselas, o Xelmirez I e o Basei de Suiza. Perderon o primeiro partido fronte o Bruselas e gañaron os outros dous pasando a semifinais coma segunda de grupo.
Na semifinal enfrontáronse ao primeiro clasificado do outro grupo, o Keltoi de Vigo, resultando vencedores nun partido moi emocinante.
Na final non puideron superar ao Bruselas, obtendo un segundo posto moi meritorio e acadando un fito nunca antes conseguido, que un equipo galego chegara á final deste Torneo.
Premento nas imaxes poderedes acceder á cobertura do torneo polos distintos medios periodísticos. (Televisión de Galicia a partir do minuto 50)
![Top lider - Radio Lider](https://radiolider.com/wp-content/uploads/2023/05/logo-p.png)
Parabéns rapaces e rapazas!!!
Como ben proclamaba a pancarta que vos acompañaba, estamos orgullos e orgullosas de todos vós!
![](/centros/cpiantonioorzacouto/system/files/u67/IMG-20240427-WA0145.jpg)