PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS

Nestas últimas semanas véñense desenvolvendo no CPIP Antonio Orza Couto diferentes charlas enmarcadas dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de EP e a todos os grupos da ESO, e impartidas por un axente da Garda Civil.
Neste curso as charlas estiveron centradas no ciberacoso, a violencia de xénero e os delitos de odio. Estas temáticas foron tratadas polo axente dun xeito ameno e práctico na procura dunha participación activa do alumnado e coa pretensión de que percibiran a gravidade duns feitos e actitudes que están moito máis preto do que ás veces somos quen de recoñecer.
Dende o CPIP Antonio Orza Couto continuamos contribuíndo a unha educación pública, de calidade e baseada na convivencia e igualdade.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013