O FORTE NEWS

Xa podedes desfrutar da edición máis especial do Forte News, o noticiero máis cañero do noso colexio, na que poderedes coñecer un pouquiño máis de preto a algúns dos membros da nosa comunidade educativa.

Premede no enlace e desfrutade do traballo dalgúns dos nosos cativos.

O Forte news edición Nadal

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS EN SECUNDARIA

Un ano máis o alumnado de secundaria aisitiu a un curso de primeiros auxilios organizado polo Departamento de Educación Física e impartido por Adrián, membro do Servizo de protección civil do Concello e ex alumno do noso centro.

Grazas a estes cursos os alumnos e alumnas aprenden distintas manobras de primeiros auxilios como:

RCP: 2º ESO A e 2º ESO B

Posicionamento de Feridos

Actuación en caso de atragantamento

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos presentarvos as nosas recomendacións para que desfrutedes deste Nadal cun bo libro na man.

Ademais queremos propoñervos que rematedes o ano escollendo a Palabra do Ano 2021. Para participar só tedes que premer na seguinte ligazón e votar por calquera das finalistas:

Animádevos a participar e pasade un moi BO NADAL!!

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos informarvos de que un ano máis o noso centro quedou adherido á iniciativa de "Voluntariado na biblioteca escolar", dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.

O alumnado voluntario de Secundaria realizará unha serie de tarefas en relación coa biblioteca (deseño e realización de actividades, formación de usuarios...), por suposto axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe.

Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social e favorece actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida

MÚSICA E MOVEMENTO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Premede nas seguintes ligazóns para poder desfrutar dos cativos e cativas de e 5º  e 6º de infantil activando o seu corpiño.

DÁMOSLLE A BENVIDA AO NADAL

Tagged:  
21.12.2021
Europe/Madrid

   O martes 21 de decembro o noso centro vístese de gala para despedir o primeiro trimestre deste ano académico e recibir o Nadal coa ledicia e ilusión que merece a ocasión.

   O noso alumnado participará en diversas actividades:

   - @s máis pequen@s recibirán unha visita moi especial dun dos personaxes emblemáticos destas festas e farán un ensaio da despedida do ano para ir quentando motores.

   - Os grupos de E.S.O. gozarán do xa tradicional "Concerto de alumn@s", organizado polo Departamento de Música.

"HAI SAÍDA GRAZAS A TI" (3º E.S.O.)

13.12.2021
Europe/Madrid

  O luns 13 de decembro o alumnado de 3º de ESO participou en "Hai saída grazas a ti", un encontro-debate sobre a abordaxe da violencia de xénero.

 Esta actividade vén proposta pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

SAÍDA DIDÁCTICA Á CONTORNA E OBRADOIRO SOBRE MINERAIS (2º e 4º E.S.O.)

Tagged:  
13.12.2021
Europe/Madrid

   O alumnado de 2º e 4º de ESO participou nas seguintes actividades organizadas polos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais e que se levaron a cabo o 13 e o 15 de decembro:

- Visita ao Pico Sacro co xeólogo Fran Canosa que, ademais, impartiu un obradoiro sobre minerais no noso centro.

- Visita ás instalacións da canteira de Serrabal.

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Tagged:  
03.12.2021
Europe/Madrid

"Sexamos capaces de crear un mundo para tod@s"

   O Equipo de actividades complementarias e extraescolares quere sensibilizar ao alumnado do noso CPI para que entendan o papel fundamental que xoga cada individuo á hora de crear un mundo máis xusto e no que todas as persoas nos sintamos aceptadas, integradas e exista igualdade de oportunidades para tod@s.

   Para isto, o venres 3 de decembro leváronse a cabo as actividades que se recollen nesta ligazón.

  

  

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A xunta de Galicia vén de publicar a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Entre o 25 de outubro e o 1 de decembro terán lugar unha serie de acontecementos que darán lugar á nova configuración do Consello Escolar. Premede no documento adxunto para poder acceder as datas máis salientables

Xa podedes consultar as ACTAS cos resultados das votacións ao Consello Escolar dos distintos sectores.

SECTOR DE PAIS/NAIS/TITORES/ACOLLEDORES/AS

-Francisco Javier Granja Fernández entra a formar parte do Consello Escolar en substitución de Pedro Otero López que remata o seu período. Os outros tres candidatos fican como suplentes.

SECTOR DE ALUMNADO

-Fátima Liñares Rodríguez pasa a formar parte do Consello Escolar.  O resto das alumnas fican como suplentes.

SECTOR DE PROFESORES/AS

Pasarán a formar parte do Consello Escolar as tres candidatas Juana Torres Soto, Noelia Garrido Otero E Belén Mourullo Míguez en substitución de Santiago Quiroga García, Albina Iglesias Martínez e Manuel Rodís Martínez.  Este último permanecerá no consello Escolar como membro propio ao ser Xefe de estudos de secundaria.

SECTOR DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS)

Jose Manuel Barrio Pérez, pasa a formar parte do Consello Escolar en substitución de Mercedes González Aguiar

AXUNTANZA DAS ARTES: OBRADOIRO DE CULTURA HIP HOP E RIMAS

OBRADOIRO DE CULTURA HIP HOP E RIMAS 

da man de GARCÍA MC

Data:

1 de decembro

Destinatarios:

4º ESO (09:50-10:40)

3º ESO (10:55-11:45)

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS "CONVIVE"

Dentro do marco do Plan de Acción Titorial para o alumnado de 6º de Educación primaria os próximos dias 26 e 29 de novembro desenvolverase o Obradoiro de habilidades sociais "conVIVE" impartido por Manuel Isorna, profesor da Universidade de Vigo, especialista en intervención socioeducativa en condutas adictivas.

Actividades organizadas polo Servizo de prevención de condutas adictivas do Concello de Boqueixón conxuntamente co Departamento de Orientación do CPI Antonio Orza Couto e coa colaboración da Consellería de Sanidade.

Este obradoiro será reforzado co obradoiro de nais e pais "Educar en famlia" que consta de catro sesións: 26 de novembro, 10 de decembro, 28 de xaneiro e 25 de febreiro

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tagged:  
25.11.2021
Europe/Madrid

   Un ano máis, a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto sumouse á loita contra a violencia de xénero e para poñer de manifesto a nosa repulsa e mostrar a nosa unión leváronse a cabo as seguintes actividades:

- Acto simbólico no que todo o alumnado e todo o profesorado alzou as mans baixo o lema "As mans para loitar, non para ferir! A fala para acariñar, non para anular!", tirado do conto creado por Yolanda Neira, Alén loita e acariña, lido e traballado en todas as etapas ao longo do mes de novembro.

- O alumnado de Educación Infantil participou no contacontos Arturo e Clementina.

- O alumnado de Educación Primaria traballou con diversas curtametraxes e cancións relacionadas coa temática da violencia de xénero.

- O alumnado de Educación Secundaria asisitiu ao recitado de lemas e poemas e a exalumna Marina Vidal e Mario, de 3º de ESO, puxeron o broche musical a este día de reivindicación e de unión contra a violencia de xénero.

   Podedes ver un resumo do acontecido premendo no lazo violeta:

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Tagged:  
20.11.2021
Europe/Madrid

     O 20 de novembro é o día adicado á Infancia e aos Dereitos d@s Nen@s.

      Para conmemorar esta data e sensibilizar ao noso alumnado, leváronse a cabo diversas actividades en todas as etapas educativas, dende a exposición de murais, ata a realización dunha coreografía sobre a canción Teño dereitos, pasando por debates, presentacións e xogos de rol nos que @s nos@s rapaces e rapazas coñeceron os seus Dereitos e se solidarizaron con aqueles que non poden gozar dos mesmos.

- Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares-

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013