A longo de toda esta semana o alumnado de Educación Secundaria e de 6º de Educación Primaria asistirán durante as horas de Educación Física a un curso de Defensa Persoal promovido pola ANPA O Forte en coordinación co departamento de Educación Física do centro que será impartido por instrutores da Escola Judo Club. Esperamos que o aproveiten ao máximo!! |
CURSO DE DEFENSA PERSONAL PARA O ALUMNADO
OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE
O pasado venres 11 de marzo, visitáronnos dende a Escola Galega de Consumo para darnos uns Obradoiros sobre consumo responsable. Estiveron en todas as etapas, dende infantil ata 4º de ESO, traballando aspectos como: a compra responsable, o etiquetado alimentario, a pirámide dos alimentos, a publicidade no punto de venta, así como analizando as técnicas comerciais que se usan para incentivar o consumo. A idea é aprender a mercar dun modo informado e crítico. Velaiquí tedes os documentos gráficos do que deu de sí a xornada |
GAÑADORES/AS DO CONCURSO "QUEN É ELA?"
Aquí tedes aos flamantes gañadores/as do concurso "Quen é ela?": Ángela Liñares (3º ESO) Lara Couto (1º ESO) Miguel Ángel Neira (1º ESO) A entrega de premios terá lugar na biblioteca de Secundaria este luns, 14 de marzo, durante o segundo recreo. O resto de participantes pasádevos tamén porque teremos un detalliño para vós, non o perdades! Noraboa! |
CAMPAÑA SOLIDARIA A FAVOR DE UCRAÍNA
Como tristemente por todos é sabido, o conflito desatado no leste de Europa está a xerar millóns de refuxiados que necesitan da nosa solidaridade.
Tal e como se recolle no Comunicado emitido pola Xunta de Galicia xunto coas principais ONG con estrutura na zona, o recomendable é canalizar a axuda a través de doazóns económicas. (ligado tedes o documento cos medios para facelo)
Dende o centro puxémonos en contacto coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína) e comunicáronnos que seguen recollendo material de primeira necesidade que almacenan no almacén central de Santiago de Compostela na Cidade da Cultura.
Por este motivo o noso centro vai iniciar unha campaña de recollida. Os cativos e cativas levarán a casa no día de hoxe unha nota informativa co que máis se precisa.
O recollido irase depositando nos lugares habilitados a tal fin nos edificios de infantil, primaria e secundaria.
DATA ENTREGA PRODUTOS: A partir do luns 14 de marzo
LUGAR: Edificios de primaria e secundaria (canalizado a través dos conserxes)
TODOS SOMOS UCRAÍNA!!!
4 DE MARZO. DÍA MUNDIAL CONTRA A OBESIDADE
Co gallo da celebración do Día Mundial contra a Obesidade o CPI Antonio Orza Couto sumouse á proposta realizada pola Fundación Gasol.
Dentro destas actividades: - Firmouse o manifesto TodoElMundoTieneQueActuar como mostra do noso apoio e compromiso coa saúde infantil. - Colocouse nun espazo visible un mural feito polo alumnado con mensaxes saudables que fan referencia aos piares clave da saúde infantil. - Creouse un lipdub que recolle todo este traballo. Premede neste enlace para poder ver o video que fixemos NON É O PESO QUE PERDES, É A VIDA QUE GAÑAS. Verónica de Bourg, Nutricionista deportivo. Especialista en obesidade. |
CONCURSO "QUEN É ELA?" PARA CELEBRAR O 8M
Celebramos este 8 de marzo visibilizando a mulleres que destacan en todo tipo de ámbitos. Mira as descricións que hai colgadas diante da biblioteca de Secundaria e intenta unilas coas imaxes e os nomes que tedes polos corredores para descubrir quen se agocha tras cada descrición. Pide a túa plantilla na biblioteca e despois de cubrila entrégalla á persoa que estea de garda na biblioteca. Tedes ata o xoves 10 de marzo e os tres primeiros terán premio, así que apurade! |
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo é unha data sinalada para visualizar a desigualdade de xénero que, por desgraza, aínda existe na actualidade. Tamén é unha boa ocasión para reivindicar a loita pola igualdade efectiva de dereitos para as mulleres en tódolos ámbitos. Os equipos de dinamización do noso centro súmanse a esta reivindicación organizando diversas actividades que permitan concienciar ao noso alumnado sobre este tema.
"Feminista é toda persoa que recoñece a igualdade e a plena humanidade de mulleres e homes" (Gloria Steinem, xornalista e escritora estadounidense)
|
22º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA. CONCELLO DE VEDRA
O Departamento de cultura de Vedra vén de publicar a Acta de resolución do 22º concurso de pintura infantil da Camelia no que unha alumna do noso centro, Alexia Teixeira Iglesias, gañou o terceiro premio na categoría de 3 a 6 anos. Aquí tedes o debuxo premiado Parabéns Alexia!!! |
ENTROIDO 2022
O venres 25 de febreiro festexamos o Entroido no noso CPI!! En Infantil e Primaria os disfraces peregrinaron polo centro e a troula estivo asegurada. En Secundaria recuperamos o tradicional Festival, que se celebrou nas dúas últimas sesións da mañá; foi unha boa ocasión para que o noso alumnado puidese mostrar a súa creatividade e as súas dotes artísticas. Velaquí tedes o vídeo para que gocedes duns momentos alegres e divertidos! |
DÍA DE ROSALÍA
DÍA DOS NAMORADOS
Ainda que cun pouco de retraso, querémosvos facer partícipes da xornada de exaltación da amizade que vivimos o pasado 14 de febreiro, día dos namorados. |
|
Unhas marabillosas carteiras (grazas Uxía e María por prestarvos a todo) repartiron as cartas que durante a semana previa todos os membros do centro tivemos a posibilidade de depositar no buzón da amizade habilitado no edificio de secundaria, para adicar unhas verbas a aquela persoa que consideramos especial. Un gran día!!! "Nunca por riba de ti, nunca por debaixo de tí, sempre ao teu carón" Walter Winchell |
añldkfjalkdjfñlaksdjfñlkadsjflñakalkdfkhdfñlakdjfñlakjsdflka ja´gjáñlkjgáfkjgájfgáñlkjdf dfñlakjdfñlkajdflkjadlfkjalkdjfalkjdflkajsdflñkajflñkadsjfñla |
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL
Á hora de xerar unha educación afectivo sexual recollemos valores de moitos escearios da nosa vida, entre eles a escola. A educación afectivo sexual representa un pilar básico na educación dos xóvenes formando parte da súa formación integral. Por iso, dende o centro queremos pór o noso grao de area organizando, dentro do Plan de acción titorial, obradoiros destinados á educación secundaria impartidos en 2 sesións dunha hora cada unha. DATAS 3º e 4º de ESO: Venres 11 e 18 de febreiro de 2022 1º e 2º de ESO: mércores 16 e 23 de febreiro de 2022 Serán impartidos polos psicólogos: Belén Montesa Lou Juan Carlos Permuy Bermúdez |
O CPI NO PROGRAMA BOS DÍAS DA TVG
Estimadas familias:
Hoxe tivemos a visita da TVG para facer unha reportaxe sobre o uso da máscara nos centros educativos. No seguinte enlace podedes ver a intervención no programa Bos días. https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-9-00-5515745?t=1845 |
30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
O venres 28 de xaneiro levamos a cabo diversas actividades para conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz, entre as que destacamos as seguintes:
Velaquí un pequeno vídeo que resume esta conmemoración. Por un Mundo máis xusto e harmonioso! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »