Do 2 ao 5 de novembro estivemos de celebración no noso CPI, xa que festexamos dous eventos típicos do outono, o Samaín e o Magosto, que fusionamos no noso particular Samagosto.
Foron moitas as actividades que se levaron a cabo: exposicións de cabazas, lectura e ambientación musical de relatos de terror, decoración dos distintos espazos do centro, xogos populares e, por suposto, unha degustación de castañas que tivo lugar o xoves día 4 de novembro a partir das 12:00.
O Equipo de Actividades Extraescolares agradece a colaboración de todo o alumnado e profesorado implicado na organización do Samagosto.
Velaquí tedes unha pequena mostra de imaxes:
|