O alumnado de 6º estivo a participar no Taller de Habilidades Sociais (todos os xoves do 7 ao 28 de novembro) impartido por Yolanda Neira, psicóloga do Concello de Boqueixón. Nel traballáronse diferentes estratexias de comportamento e pautas para desenvolver unha correcta convivencia entre iguais.
O 22 de novembro estes mesmos alumnos foron protagonistas do Pleno Infantil do Concello de Boqueixón onde expuxeron cada un dos dereitos dos/das nenos/-as.
|