Eventos
O pasado 18 de novembro o alumnado de Educación Infantil asistiu á obra de teatro "La boda de la pulga y el piojo" coa compañía andaluza La gotera de Lazotea na Fundación SGAE. Pasárono en grande!! |
O alumnado de 6º estivo a participar no Taller de Habilidades Sociais (todos os xoves do 7 ao 28 de novembro) impartido por Yolanda Neira, psicóloga do Concello de Boqueixón. Nel traballáronse diferentes estratexias de comportamento e pautas para desenvolver unha correcta convivencia entre iguais. O 22 de novembro estes mesmos alumnos foron protagonistas do Pleno Infantil do Concello de Boqueixón onde expuxeron cada un dos dereitos dos/das nenos/-as. |

O xoves 28 de novembro tivemos o pracer de contar coa presencia de Begoña Iglesias Castro, Orientadora e psicóloga da área educativa do Colexio de Psicólogos de Galicia, para impartir unha charla sobre os problemas de conduta nos menores. Deixou á nosa disposición varios documentos cunha serie de pautas de actuación. Dada a gran demanda recibida, podedes acceder a eles nos ficheiros adxuntos |
Data: 18/12/2019 Hora: A partir das 12:00 Alumnado: Infantil e Primaria
Espectáculo que trata a narración oral e a manipulación de obxectos. Unha sutil e divertida reflexión sobre a IGUALDADE e sobre a loita contra a violencia de xénero. |