O xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO de Música participou no VII Encontro do alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo (Vigo) e que está englobado dentro da convocatoria "Musiqueando", que se organiza a nivel de toda España para sacar a música dos centros escolares á rúa.
Nesta edición interpretaron un par de temas que estiveron preparando nas clases, realizaron un obradoiro sobre expresión e xogos vocais, danzas do mundo, percusión afrolatina ou baile tradicional e viviron un día de convivencia musical con alumnado de moitos outros centros de Galicia. |