Eventos
Visita guiada á fábrica Santos, en Camporrapado, o mércores 18 de abril. Participa o alumnado de 2ºESO e 4ºESO (Tecnoloxía e Economía). |
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación matemática) e APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal), convocan a segunda edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO. A caracterísitca principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos participantes son grupos-clase completos. O noso centro está representado polo alumnado de 3º ESO A e 3º ESO B.
|
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, co gallo da conmemoración do día do libro, recibirán no día de hoxe a visita de PERE TOBARUELA, autor, entre outros títulos, da "colección Formigas". Lugar: salón de actos. Hora: 12:10 DESFRUTADE RAPACES!!! |
O xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO de Música participou no VII Encontro do alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo (Vigo) e que está englobado dentro da convocatoria "Musiqueando", que se organiza a nivel de toda España para sacar a música dos centros escolares á rúa.
Nesta edición interpretaron un par de temas que estiveron preparando nas clases, realizaron un obradoiro sobre expresión e xogos vocais, danzas do mundo, percusión afrolatina ou baile tradicional e viviron un día de convivencia musical con alumnado de moitos outros centros de Galicia. |
O luns 30 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha charla informativa sobre acoso escolar, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. |
O xoves 3 de maio, o Departamento de Orientación do noso CPI organiza unha visita guiada aos centros de ensino CIFP Compostela e IES Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, onde o alumnado de 3º e 4º de ESO recibirá unha explicación detallada sobre o tipo de ensinanzas ofertadas neses centros e o funcionamento dos mesmos. |