Skip to Content

24 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO / 3º e 4º ESO

Este venres 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, en que celebramos o 175 aniversario do seu nacemento, o alumnado de 3º e 4º de ESO trasladará as aulas ás rúas coruñesas para lembrar, da man do profesor da Universidade da Coruña, Diego Pardo, os pasos da poeta nos anos en que viviu nesta cidade coa súa familia.


Tamén seremos recibidos na Real Academia Galega polo actual secretario, o profesor Xosé Luís Axeitos, que nos explicará o traballo que alí realizan, centrado sempre no estudo e divulgación da lingua galega.

Hora saída - 09:35 h

Hora chegada - 14:15 h

Profesoras acompañentes: Mercedes Queixas e Carmen Varela.

CELEBRACIÓN ENTROIDO 2012. SECUNDARIA.

Mañá venres 17 de febreiro, celebraremos o Entroido 2012 durante as dúas últimas sesións.

Para ver o programa de actividades, premede aquí.

 

 

FELIZ ENTROIDO 2012 A TOD@S!!!

GAÑADOR@S CONCURSO SMS DE AMOR 2012

1º PREMIO. - Cintia Riveiro Rojo. (2º ESO B)

2º PREMIO. - Andrea Varela Pose. (3º ESO B)

3º PREMIO. - Jesús David Regueira Serantes. (4º ESO A)

Recibirán como agasallo, recargas telefónicas de 30 €, 20 € e 10 € respectivamente.

Para leer as sms, PREMEDE AQUÍ.

Parabens!!!!

RUTA ENSEADA DA INSUA

O pasado venres 10 de febreiro, os alumnos do 1º ciclo fomos de excursión a Ponteceso. Comezamos a nosa camiñata en Monte Branco, dende alí había unhas vistas marabillosas: podíase ver o río Anllóns, a ría de Ponteceso, Laxe e finalmente o mar Atlántico. Para chegar ao noso destino, a praia de Balarés, tivemos que andar arredor de 4 ou 5 quilómetros. Polo camiño vimos moitas cousas fermosas: corvos mariños e mazaricos, unha fonte onde vivía unha princesa encantada, dunas, marismas, cans, ovellas, ourizos, mexilóns... E despois de tanto camiñar por fin chegamos ao noso destino: a praia de Balarés.

No seguinte enlace podedes ver o ben que o pasamos.

VISITA A PANADERÍA ROISER

O martes 7 de febreiro os nenos/as de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria visitamos a panadería Roiser onde aprendimos moitas cousas e divertímonos un  montón.Podedes ver dous vídeos desta saída premendo no seguinte enlace.

NOVO BLOGUE DO COLE

As compañeiras de EI e 1º ciclo de EP preséntannos o seu novo blogue. Animádevos a visitalo e participar cos vosos comentarios.

CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

O pasado luns 30 de xaneiro celebrouse o "dia da paz e non violencia" no noso centro.


Como conmemoriación deste evento, entre outras actividades, celebrouse una carreira solidaria co fin de recudar fondos para os nenos do Congo.


A participación do alumnado foi exitosa e agradecemos a colaboración do alumnado e as suas familias.


Botade un ollo a este vídeo  

TEATRO. EL DIARIO DE ANA FRANK

Mañá xoves 2 de febreiro, o alumnado de ESO desplazarase ata A Coruña para asistir á obra de teatro EL DIARIO DE ANA FRANK representada no colexio "Salesianos"

Sairán do centro ás 09:15 h e chegarán ás 14:15 h.

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Concha Martínez, Conchi Liñares, Ángeles Moar, Susana Penas, Elena Alcoba, Carmen Varela e Mercedes Garrote.

VISITA DE PILAR NEIRA AO NOSO CENTRO.

Hoxe, mércores 1 de febreiro, recibimos a primeira hora da mañá, na aula de 4º de ESO, a Pilar Neira, recoñecida deportista e xogadora de fútbol, ademais de adestradora do equipo coruñés Victoria, Seleccionadora de fútbol galego feminino e Presidenta da asociación MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas), quen nos axudou a resolver, desde a súa meritoria experiencia persoal e profesional, unha pregunta que ao alumnado preocupaba: é o fútbol hoxe en día un deporte machista?

TEATRO. PELOS NA LINGUA

Mañá martes 31 de xaneiro, despediremos o mes mudando a aula de lingua e literatura de 3º e 4º de ESO de espazo didáctico.

Viaxaremos a primeira hora da mañá para dirixirnos a Compostela, ao Salón Teatro (Rúa Nova, 34) e gozar da representación teatral da obra Pelos na lingua da compañía de Cee Talía Teatro. Regresaremos ao centro por volta das 13:25 horas.

 

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Queixas, Concha Martínez e Carmen Aneiros.

Distribuir contido


by Dr. Radut