Skip to Content

NOVO BLOG DO CENTRO. NA PUNTA DA LINGUA

Xa se pode visitar o novo blog de Dinamización da Lingua, "Na punta da lingua" desde a páxina web.

O acceso está na barra lateral dereita, no apartado Os nosos blogues II.

Non deixedes de visitalo!!!

FESTA FIN DE CURSO VOZ NATURA

Este sábado celebrouse en Acea de Ama a festa de fin de curso de Voz Natura. Organizáronse un montón de actividades e xogos para os maís pequenos e expuxéronse os diferentes  proxectos e traballos elaborados polos centros participantes, entre eles, o noso. Podedes premer aquí para ver outros traballos.

VISITA DOS BOMBEIROS

Este martes 29 de maio recibimos a visita de varios membros do Corpo de Bombeiros de Carballo. Despois dunha interesante charla sobre os perigos do lume, ofrecéronnos a posibilidade de coñecer de preto diferentes vehículos que empregan no seu traballo diario. Podedes ver alguna foto premendo na imaxe.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO ARTÍSTICO LITERARIO

O día 23 de maio fixéronse entrega dos premios ós galardoados no Concurso artístico literario. A entrega fíxose no edificio de Usos Múltiples do Concello. Aproveitase esta entrada para coñecer o novo blogue do cole de Dinamización da Lingua e ver alguna foto do evento. Norabóa a todos.

VISITA A BELELLE

O pasado 18 de maio o alumnado de EI e 1º ciclo de Primaria fixo unha visita a Granxa Escola de Belelle. Pasámolo xenial, coñecemos animais que nunca víramos, montamos en pony,...Se queredes ver máis, premede aquí.

VISITA DOS COMPAÑEIROS DO CEIP DE SAN VICENZO

O pasado 25 de maio recibimos no noso centro ó alumnado do CEIP San Vicenzo de Vimianzo na primeira xornada lúdico - deportiva que celebramos no noso centro. O alumnado de 5º pasouno moi ben coas actividades organizadas por Estela, a nosa mestra de Educación Física. Podedes ver aquí un video resumo da actividade.

XORNADA DE CONVIVENCIA NO REFUXIO DE VERDES

O venres 18 de maio, para rematar a III Semana Cultural, o alumnado de ESO e varios profesor@s tivemos unha xornada de convivencia no Refuxio de Verdes.
Neste vídeo pódense ver moitas das FOTOS que sacamos.

VÍDEO feito durante o Roteiro a Verdes

O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO VISITA O NOSO CENTRO

Este luns 21 de maio o ilustrador Abraham Carreiro explicará ao alumnado de 1º ESO o proceso de elaboración dun cómic. O autor de Xoeliki ou As espiñas do porco espiño estará connosco entre as 9:35 e as 10:25.

Benvido!

GAÑADOR@S CONCURSO ARTÍSTICO - LITERARIO LETRAS GALEGAS 2012. ESO

  ALUMNO/A CURSO TÍTULO
NARRATIVA  Katiana Veiga Espasandín 2º ESO B O achado de Colón
POESÍA Tania Mourelle 4º ESO A Día a día
Álvaro Antelo 4º ESO A Somos
Judit Martínez Pérez 2º ESO B A nosa Galicia
Daniel Camafreita 2º ESO B Idioma do meu corazón
MONOGRÁFICO Cintia Riveiro Rojo 2º ESO B Valentín Paz Andrade
DEBUXO Alba Abelenda Couto 3º ESO B  

III SEMANA CULTURAL

Distribuir contido


by Dr. Radut