Skip to Content

Axudas e fondo de libros

Vales para adquisición de material e libros de texto

Están a disposición das familias os vales de material e compra de libros de texto. As familias que teñan dereito a eles poden recollelos en administración, de 9:00 a 14:00, desde hoxe ata o 23 de xullo. Os vales que non sexan recollidos nesas datas serán entregados en setembro.

Fondo de libros

Está publicada a lista provisional da adxudicación de libros de texto, pódese consultar no taboleiro de anuncios do centro, na aplicación fondo libros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou no teléfono 881880536. O prazo de reclamacións é ata o día 12 de setembro, inclusive.

 
 

Horario de administración

9:00 - 14:00

xuño e xullo

Por cuestións organizativas, para poder administrar o volume de solicitudes que se xestionan nestas datas, informamos de que o horario de atención ao público no centro será de 9:00 a 14:00, desde o día 27/6 e durante o mes de xullo.

Lembrámosvos que vos podedes poñer en contacto con nós mediante o teléfono 881880536 e no e-mail cpi.alcalde.pichel@edu.xunta.gal

Listaxe libros de texto 2024/2025

Aquí podedes acceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024/2025.

Lembrade que, tanto en infantil coma en 5º e 6º de EP non hai libros de texto.

Modificación instrucións de comedor - Parellas de feito e custodia compartida

A día de hoxe, a Consellería de Educación achega unha modificación das instrucións de comedor que afecta ás parellas de feito e ás familias en réxime de custodia compartida, que deberán incluír no cálculo da renda familiar per cápita aos dous proxenitores.

Sentimos as molestias ocasionadas porque esta información chegue a unha altura na que a maioría das familias xa teñen entregadas as solicitudes de comedor dacordo coas instrucións previas, pero se nos acaba de comunicar agora mesmo.

 

Impresos comedor xuño

Están os impresos de pago de comedor a disposición das familias cuxos fillos/as fixeran uso do servizo en xuño. Podedes recollelos en administración. Lembramos que é imprescindible ter formalizados os pagos do curso 23/24 para poder facer uso do comedor no vindeiro curso 24/25.

Eduexchanges 2024

Dende o pasado 16 de marzo e ata o 24 do mesmo mes 12 alumnos do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco participaron do programa Eduexchanges de intercambios escolares convocado pola Xunta de Galicia. Nesta ocasión viaxaron a Barbezieux (Nouvelle Aquitaine, Francia) xunto cun grupo de estudantes do IES Monte Neme de Carballo. Durante unha semana estiveron coas familias de acollida, polo que poideron desfrutar da cultura francesa dende diversas perspectivas (familiar, escolar, culinaria, de ocio...). Estiveron acompañados por dúas profesoras do centro, e visitaron lugares tan emblemáticos como Aubeterre, La Rochelle, Angoulême ou o Futuroscope de Poitiers. 
Os seus "correspondants" franceses, pola súa banda, visitaron Coristanco e Carballo dende o 26 de abril ao 3 de maio. Coñeceron a nosa contorna (a comarca de Bergantiños, Santiago de Compostela, A Coruña...),así como os nosos costumes, a nosa gastronomía e a nosa lingua. Moitas grazas ás familias e aos rapaces que participaron nesta aventura!!! 
Quen desexe vivir unha experiencia similar en Francia neste curso 2024-25, que se poña en contacto coa profesora de Francés: eparcero@edu.xunta.gal
interchange fransés

Solicitudes comedor escolar 24/25

IMPORTANTE:

As parellas de feito e en réxime de custodia compartida deben aplicar no cálculo da renda o indicado nesta modificación.

Vén de publicarse a instrución de comedores escolares, podedes tamén descargar o anexo II para facer a solicitude. Tamén podedes recoller o impreso e solicitar calquera información na administración do centro.

Recomendacións lectoras

Achegámosvos as nosas recomendacións lectoras veraniegas para EI/EP, o mellor xeito de pasar a calor é a sombra cun bo libro!

Clica na imaxe para ver o tríptico

libros biblio

 

Día da familia e semana cultural

Deixámosvos aquí dous vídeos das nosas actividades.

Día da Familia

Semana cultural

 

Publicación censo familias

Bo día,

A efectos da votación sobre a xornada continuada, está péndurado desde hoxe, no cortizo interior do centro o censo de familias con dereito a voto, por se for do voso interese.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut