Skip to Content

SEMANA CULTURAL

Aquí vos deixamos un vídeo que resume a intensa Semana Cultural que se levou a cabo no centro:

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

O pasado martes, 21 de marzo, celebramos unha dobre efeméride: o día da árbore e o día da poesía. Para iso, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria desprazouse camiñando ata a zona de Rego da Balsa e alí, ademais de plantar tres carballos, recitaron diversas poesías. Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo:

SEMANA CULTURAL

Hoxe, comezamos unha edición máis da nosa semana cultural, cun programa moi variado que o noso alumnado poderá disfrutar durante toda a semana con diversas temáticas como astronomía, ciencia, teatro, múisica, danza, pintura, charlas, obradoiros, etc da man de grandes artistas e profesionais.

Podedes consultar a programación AQUÍ

Obradoiro de cinema no CPI Alcalde Xosé Pichel

Un ano máis o alumnado de 4º da ESO, participou no obradoiro de cine para traballar o respeto e a visibilidade do colectivo LGTBIQ, a través da curtametraxe "O mundo ao revés".

De novo o resultado foi espectacular.

Parabéns ao alumnado.

A continuación podes desfrutar da curtametraxe e ver o cartel.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - SECUNDARIA

Álbum: SECUNDARIA 22/23 -> O mundo ao revés

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 23-24

Podedes consultar toda a información sobre o proceso de solictude de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de novo ingreso nos seguintes enlaces.

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

 

NORMATIVA E CALENDARIO

DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR PRAZA

ANEXO II (SOLICITUDE EN GALEGO)

ANEXO II (SOLICITUDE EN CASTELÁN)

ENTROIDO 2023

Aquí vos deixamos un fantástico vídeo onde podedes ver como vivimos e desfrutamos o entroido deste ano.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Como ben sabedes, o pasado 30 de xaneiro celebrouse o día da paz e non violencia no mundo. No cole fixemos unhas bandas decorativas para as escaleiras con mensaxes de paz. Ademais os alumnos e alumnas de infantil e primaria contaron e dramatizaron contos da paz. Podedes ver as actividades que se fixeron no seguinte vídeo:

FESTIVAL DE NADAL 2022

O pasado 22 decembro, celebramos o tradicional festival de Nadal con toda a ilusión da comunidade educativa. Un ano máis, puidemos disfrutar dunhas actuacións fantásticas que con todo o esforzo e dedicación prepararon os nosos alumnos xunto co profesorado. Agardamos que o desfrutasedes tanto coma nós. Podedes ver os videos das actuacións premendo nos seguintes enlaces:

ACTUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

ACTUACIÓN DO 1º CICLO DE E. PRIMARIA

ACTUACIÓN DO 2º CICLO DE E. PRIMARIA

ACTUACIÓN DO 3º CICLO DE E. PRIMARIA

CERTAME CONTOS DE NADAL DE "LA VOZ DE GALICIA E RADIO VOZ"

No centro estamos de noraboa, xa que a alumna Laura Rodríguez Pazos, de 4º de primaria, foi galardoada cun premio da 19ª edición do Concurso Contos de Nadal, que cada ano por estas datas, organiza La Voz de Galicia e Radio Voz. Os nosos parabéns para Laura por amosar o seu talento literario e a obtención de dito premio.

Os premios foron entregados o pasado sábado, 17 de decembro, durante unha gala que se celebrou na casa da cultura do concello de Cee. Na entrega de premios, a alumna estivo acompañada pola súa nai, pola concelleira de Cultura, Educación e Deportes do concello de Coristanco, Clarisa Couto, e polo director do centro, Carlos Fernández.

FOTO 1   FOTO 2

Tamén podedes ver a noticia coa reportaxe fotográfica dese día premendo AQUÍ.

25 -N: Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

O pasado 25 de novembro puxemos o noso gran de area para eliminar a lacra que supón a violencia contra a muller. No seguinte vídeo podedes desfrutar das actividades realizadas na devandita xornada.

Distribuir contido


by Dr. Radut