Skip to Content

TORNEO DE DATCHBALL

Deixámosvos un vídeo sobre unha das actividades que se desenvolveron no centro, dentro do plan Proxecta +, un emocionante torneo de datchball, no que participou o alumnado de EP.

Sen elas non hai música galega

Durante a semana cultural acollimos na entrada do noso centro a exposición "Sen elas non hai música galega" que, moi amablemente, a Asociación Visibles de Buño nos prestou.

Deixámosvos un vídeo onde podedes ler a biografía de cada unha das compoñentes da exposición.

 

DÍA DA FAMILIA

O vindeiro venres, 13 de maio, celebramos no centro o día da familia. Podedes consultar o programa dese día premendo AQUÍ

CONCRECIÓN CURRICULAR

Con motivo da entrada en vigor da Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo, cómpre elaborar a concreción curricular. Podedes vela premendo AQUÍ

SEMANA CULTURAL 2022

Durante toda esta semana, celebraremos no centro a Semana Cultural, cun programa variado de actividades para todo o alumnado que abranguen distintos campos e temáticas: Teatro, cine, música, danza, circo, encontros con artístas, roteiros artístico-patrimoniais, monológos, exposicións, conferencias, obradoiros,...

Podedes ver a noticia na prensa, premendo AQUÍ.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 22-23

II EDICIÓN CONCURSO DE CARRILIÑAS

Un curso máis,queremos ver rodar pola pista aos vosos bólidos, impulsados única e exclusivamente pola incorruptible forza da gravidade! Organizamos a 2ª edición do concurso de Carriliñas do CPI Alcalde Xosé Pichel!
Seguramente xa saibas de que vai o asunto, pero, por se acaso, lembrámosche que consiste en construír un obxecto rodante que baixe pola nosa pista coa única axuda do seu peso e a súa perfecta enxeñaría. Podedes consultar as bases do concurso [1] para ver todo en detalle, a inscrición [2] está aberta para todo o alumnado ata o día 7 de marzo e a competición se desenvolverá entre o 21 e o 25 de marzo.
Anímate a participar, haberá cinco grandes premios!

Premios edición 2021/22
Carriliña máis rápida
Carriliña máis orixinal
Premio ao mellor exercicio de reciclaxe
Premio á mellor enxeñería/mellor deseño
Carriliña máis lenta



 

ENTROIDO 2022

O vindeiro 25 de febreiro celebraremos o Entroido no centro. E para ir comezando, e como xa ben sendo tradición no centro, deixámosvos cos mandadiños da semana:

MANDADIÑO 1

MANDADIÑO 2

MANDADIÑO 3

MANDADIÑO 4

OBRADOIRO DE CINEMA NO PICHEL

O alumnado de 4º da ESO, participou nos obradoiros de cinema como vimos facendo nestes últimos anos.  4ºA traballou a temática lésbica e 4ºB, a transexualidade.

 

O resultados foron dúas excelentes curtametraxes, que podedes ver a continuación:

¡PARABENS AO ALUMNADO!

Departamento de Orientación

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER OS CARTEIS DAS CURTOMETRAXES

Álbum: SECUNDARIA 21/22 -> TALLER CINEMA

25 - N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O pasado mes de novembro, celebramos no centro o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Deixámosvos un pequeno vídeo sobre a actividade que se organizou para ese día, que podedes ver premendo no seguinte enlace:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut